Miñones tras o colapso do tramo na A-6: "Se non se chega a facer labor de mantemento, non se detectaría"

Pide "non especular" sobre as causas do colapso no viaduto do Castro da A-6.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 09/06/2022 | Actualizada ás 11:42

Comparte esta noticia

O delegado do Goberno, José Miñones, pediu "non especular" sobre as causas que provocaron o colapso dunha parte da A-6 --no viaduto de O Castro-- este martes.

Segundo destacou este mércores, "é importante non entrar en especulacións" e deixar que continúe a investigación, xa en marcha. Ademais de coñecer os factores, o delegado recoñeceu que a súa máxima preocupación é "a conectividade coa meseta".

Por este motivo, sinalou que o obxectivo principal é "abrir canto antes" o viario de dobre sentido "con seguridade" pero, mentres tanto, "reforzarase o servizo a través da nacional". "Onte tamén se falou co alcalde de Pedrafita para reforzar a seguridade no interior do municipio", comentou.

Miñones defendeu as actuacións levadas a cabo na vía, remarcando que "grazas aos traballos de inspección detectouse a problemática".

"Se non se chega a facer ese labor de mantemento, de investigación, non se detectaría esa problemática existente no cableado e, por tanto, esoutro problema que estaba máis oculto. Debemos estar contentos de que sucedese cando sucedeu e de que non haxa perdas de vidas", indicou o representante do Goberno en Galicia.

Varios vehículos circulan pola zona de arriba de onde se desprendeu parte do viaduto do Castro na A-6, en dirección Madrid
Varios vehículos circulan pola zona de arriba de onde se desprendeu parte do viaduto do Castro na A-6, en dirección Madrid | Fonte: Carlos Castro - Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta