Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 11/07/2022 | Actualizada ás 12:01
A provincia de Ourense atópase en risco extremo de incendio forestal este luns, 11 de xullo, do mesmo xeito que ocorre na zona sur de Lugo e algunhas partes do interior de Pontevedra e A Coruña.
Así figura no Índice de risco diario de incendio forestal (IRDI), que elabora a Consellería de Medio Rural. Téñense en conta a análise de diversos factores que inflúen no comportamento do lume, tales como condicións de seca, humidade, temperatura e vento.
Pola súa banda, o resto de Galicia estará esta xornada en risco alto ou moi salvo, salvo a zona da Mariña lucensa, onde só hai perigo moderado de incendio forestal.
Galicia atópase baixo influencia anticiclónica, con aire moi cálido de superficie, nunha xornada de ceos que se prevén despexados e na que haberá máximas de ata 40 graos en lugares de interior como Ourense, segundo Meteogalicia.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.