O rito celta segue enamorando en Galicia

Vinte e seis parellas de todo o mundo, desde Brasil a Francia, casarán seguindo este vello ritual en Cedeira, nunha cerimonia que oficiará Manuel Aneiros, autodenominado druída Aneiros dos Ártabros.

Por Galicia Confidencial | Cedeira | 27/08/2014 | Actualizada ás 11:35

Comparte esta noticia

Son 26 parellas de todo o mundo, desde Brasil a Francia, e virán a Galicia, concretamente a Cedeira, para casar seguindo un rito celta que oficia Manuel Aneiros, autodenominado druída Aneiros dos Ártabros, coincidindo co Lugnasad, unha data sinalada no calendario anual para os pobos atlánticos.

O autodenominado druída Aneiros dos Ártabros
O autodenominado druída Aneiros dos Ártabros

O Lugnasad, que recolle os ecos dun antigo ritual celta, terá lugar entre o piñeiral e a praia da Magdalena. O compromiso do casamento celta dura o que dura o inverno e pode romper ao cabo dun ano ou renovarse para o verán seguinte.

Antes da súa voda, as 26 parellas reuniranse a noite do venres no campo para desfrutar dunha queimada multitudinaria. O sábado ao mediodía, desfilarán polas rúas da vila e participarán en xogos e actividades até a cerimonia, ás 23:00 horas, sobre o areal. A festa rematará moi ao estilo galego, cunha gran enchente. 

Ademais das vodas celtas, a tradición revívese cun programa de actividades para todas as idades e públicos que arrinca o venres. Estes festexos, que se celebran en Cedeira desde 2009, congregan cada agosto a centenares de turistas e curiosos.

Contan co respaldo do Concello, a banda de gaitas Robaleira, e a Sociedade de Caza e Pesca Cedeira-Cerdido, ademais de achegas que fan empresarios locais, hostaleiros e veciños a título particular. 

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 23 comentarios

9 pais de leiras

Como se vos vai a testa, que mal fai a gente que quere fazer isto?

8 Ro Robur

No se que es peor, este pseudo brujo crecido a druida (paga robarte mejor!) o la mala redacción del periodista. Por que me imagino que el que ha publicado es periodista, no?

1 Federouco

No sé que es peor, si el que se equivoca redactando o el que se equivoca corrigiendo...ejem.

7 IDG

"Contan co respaldo [da] Sociedade de Caza e Pesca Cedeira-Cerdido"... Sociedade de caçadores? num rito (supostamente) druídico? Enfim...

6 AURUXEIRA

Unha coopia do Lugnasad que se celebra en Bretoña dende 1995. https://www.youtube.com/watch?v=KjJ...

1 Cachondeorix

Lé o segundo párrafo da noticia, anda. Ademáis, o celta non é copia do celta, máis ben o cristianismo si que copióu as datas de celebración dos celtas.

5 Ditadores_baixopalio

¡Que ben me cae o celtismo!. A parte de mortificar ao feixismo-catolicismo, ven sendo, cada vez máis, a antitese da tolemia de decir "a Terra é do home, os animais son do home, podedes facer o que che pete con eles". Esa estupidez é a que leva a algúns a torturar animáis, arruinar a natureza, declararse propietarios das terras donde sempre moraron outros, sen remordemento de conciencia ningún, sen respeto, sen empatía...sen humanidade ao fin. Esa xente si que está tola, non os celtas, que sempre veneraron a natureza.

1 suevia

Si ho, é-che mellor facer sacrificios humanos, iso si que é humanidade, empatía, e respeito pola natureza: http://es.wikipedia.org/wiki/Sacrif... Matar persoas é un bo xeito de venerar a natureza, abofé. Que maus foron os cristiáns por proibiren iso.

2 Jsert_45

Corcordo! O catolicismo e as religioes do estilo: judaismo, islamismo, etc... E uma das piores pestes que tem conhecido a humanidade e o planeta em si.

3 ariano88

É bem sabido que a Ahnenerbe e o paganismo nacionalsocialista som a melhor religiom de todas, as outras tenhem valores que nom som compatíves com a nossa ideologia de raça.

4 ideoloxías sectarias

O fascismo, o capitalismo, o anarquismo e o comunismo trouxeron moita máis miseria ca calquera outra crenza, relixión ou ideoloxía. Os centos de millóns de mortos que deixaron (e seguen a deixar) en pouco máis dun século son a mellor testemuña.

5 Cata_a_cruz

Non sei se o crerás Suevia, pero realmente agardaba esa resposta. O caso é que falaba da relación do home ca natureza. Pero ben que me gusta que saíras co cristianismo e os "sacrificios": Primeiro, son as fontes romanas as que falaban dos sacrificios celtas, os mesmos romanos que esclavizaron e mataron centos de miles de persoas, incluindo os teus "cristianos"; apartando esas fontes non consta o que dis dos celtas. Segundo, iso que acabas de decir de cristianos proibindo sacrificios...non hai maior número de mortes, miseria e esclavitude que a que fixeron os cristiáns polo mundo adiante. Empezamos pola inquisición?, as queimas de bruxas por rituáis pagáns (celtas, moitas veces), a morte de millóns de persoas por ser "infieles"...? O cristianismo empezóu ben, pero a fama que ten hoxe e a de pederastia, roubo de nenos, fanatismo, atraso e arrime ao poder, ainda que sexa tiránico.

6 suevia

Pensa ben a que te refieres cando falas do Cristianismo, porque por exemplo a Igrexa Ortodoxa non fixo o que dis, e en Rusia tivo que auturar unha persecución brutal do ateísmo de estado durante a maioría do tempo que existíu a URSS. E a Inquisición era máis un tribunal político da Monarquía Hispánica que outra cousa, xa que moitas veces realmente era empregado para reprimir inimigos do réxime por interese da nobreza que outra cousa, nun lugar tan cainita coma España é normal que a xente fixese falsas acusacións. Pero non era algo exclusivo do Cristianismo, naquela altura o Cristianismo era perseguido coa morte en Xapón, p.e. En calquera caso,son errores dos homes, a Palabra de Deus atópase na Biblia, non neles. Que o teu pensamento non te cegue de ver a realidade.

7 Cata_a_cruz

Ai che vai algo dos ortodoxos http://noticias.lainformacion.com/p... ademáis o din dende a posición do Islamismo (outros que tal...) http://www.webislam.com/articulos/1... Os curas de Granada pedindo escravitude para os moriscos. San Juan de Ribera, beatificado no século XVIII, proclamado santo en 1959, responsable directo, e promotor da expulsión de preto de medio millón de persoas e da queima de centos dos que se rebelaron, todo iso a pesares de que os donos dos sitios donde os Moriscos traballaban non querían que os expulsaran.

8 Cata_a_cruz

Francia: miles de mortos por a cruzada dunha rama do cristianismo contra outra. Miles de mortos en Alemaña por seren "ketzers". Os millóns de mortos por as "cruzadas" Paréceme que nin lés ben a Biblia: O racismo contra os Madianitas, Samaritanos, Gabaonitas, etc. que hai no vello testamento non ten desperdicio. Por todo iso mellor respectades as crenzas dos demáis, non vaia ser que sexades vós os que estades tolos.

9 suevia

Tan só actuas por odio e fundamentalismo, sacas trapalladas coma esa noticia da Igrexa Ortodoxa. Se soubeses o máis mínimo do Cristianismo saberías que Xesús rexeitou ese racismo do que falas, sendo esa unha das múltiples causas que o levaron a que o matasen. E por favor, nos paises cristiáns é onde máis se respetan a liberdade crenzas, así que non digas trapalladas. Esperaba que polo menos que tiveses un pouco de sentido común e non foses deses que só saben odiar, pero xa vexo que non. Pero por moito que che fastidie, Galiza é cristiá e vaino seguir sendo.

10 Cata_a_cruz

Boh! Vos sodes os fundamentalistas. Xa me dixeron que había curas que, co fin de criticar ao nacionalismo, decían barbaridades dos celtas, e agora véñoo a confirmar aquí. Non me é nadiña raro que os do PP veñades a criticar ao celtismo. Doutra banda, pode que eu non saiba moito do cristianismo, pero non cometo o erro de confundir o vello testamento (Madianitas, Gabaonitas, etc.) co novo testamento (Xesús) como fas ti. Ai che vai esto do A.T. sobre a matanza de Madianitas: "Por qué deixáchedes vivas ás mulleres?...matade a todo neno varón e muller non virxe". Se te sirve de algo, non foi só o cristianismo, o que fixo barbaridades no nome de Deus, nin o peor, pero si que as fixo, si. Veña, con Deus.

11 suevia

Eu son tan nacionalista ou máis ca ti, non te trabuques. E se miras na historia, case todos os nacionalistas históricos do Partido Galeguista tamén eran cristiáns, así que repara no que dis antes de dicirme que son do PP. E sobre o outro, cando se odia algo só se mira a parte mala, e é o que che pasa a ti.

12 Cata_a_cruz

Bueno, pois enton, para que o entendas, eu son tan fundamentalista coma ti do PP. ¿Cómo che sentan as túas formas de argumentar? Para o demáis da tua... ¿argumentación?, como non negas nada do que dixen dareino por admitido da tua parte. Sobre o odio: eu falo simplemente dos feitos comprobados, alá cada quen con que queira crer. Pero, nin vou deixar de decir que o celtismo merece as miñas loubanzas polo respecto que tiña á natureza (cousa que non teñen moitos que se chaman a si mesmos cristiáns) , nin deixaréi de considerar a cada relixión coma calquera outra. ¿Proe?, haberá que aturar.