Veciñanza de Noia maniféstase contra a autorización de vertidos á mina de San Finx

"O baleirado dos pozos da mina levará consigo unhas drenaxes acédas que poñerán en grave perigo a pesca e marisqueo na ría", alerta Ecoloxistas en Acción.

Por Galicia Confidencial | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 24/07/2022 | Actualizada ás 12:02

Comparte esta noticia

Ecoloxistas en Acción denuncia a "ilegalidade" da proposta de resolución que vén de emitir Augas de Galicia para autorizar os vertidos da mina de San Finx, situada a apenas 7 km augas arriba dos bancos marisqueiros da ría de Muros-Noia e do espazo da Rede Natura 2000 do Esteiro do Tambre. A proposta ditouse nun procedemento "pragado de irregularidades" que leva sete anos en trámite, e polo que a organización anuncian accións legais contra o funcionariado e altos cargos responsables.

Manifestación da veciñanza en Noia contra a autorización de vertidos á mina de San Finx
Manifestación da veciñanza en Noia contra a autorización de vertidos á mina de San Finx | Fonte: Ecoloxistas en Acción

Segundo a organización ecoloxistas, a autorización de vertido busca garantir a "escapatoria" do Grupo SACYR, que a finais de decembro pasado asinou un acordo de entrega da mina a unha empresa australiana, Biscay Minerals, "desprovista de fondos e que non ten ningunha outra mina ou proxecto en todo o planeta". O acordo estaba condicionado a que a Xunta outorgara á mina a autorización de vertido, pois do contrario sería Sacyr quen terá que asumir os custos de restaurar e clausurar definitivamente a explotación.

Por iso, alertan que este "favorazo", que atribúen directamente ao presidente Alfonso Rueda e ao vicepresidente Francisco Conde, "non pasará desapercibido, pois o cúmulo de falsidades e vicios do procecemento de vertidos só poderían ter levado á denegación e arquivo da solicitude". Independentemente de que a eventual resolución, que esperan sexa emitida a finais de agosto, sexa impugnada xudicialmente, o asunto levarase tamén á vía penal ao existir "indicios claros de delitos de prevaricación".

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta