Expertos urxen cambiar o modelo de xestión forestal polos incendios e a moratoria do eucalipto

O Consello da Cultura Galega (CCG) celebrou este luns a xornada 'Expansión e homoxeneización do espazo forestal: receita para un desastre?', onde expertos suxeriron cambios no modelo de xestión forestal en Galicia por mor dos incendios e a ampliación da moratoria de plantación de eucalipto ata 2030.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 20/10/2025 | Actualizada ás 18:43

Comparte esta noticia

O Consello da Cultura Galega (CCG) celebrou este luns a xornada 'Expansión e homoxeneización do espazo forestal: receita para un desastre?', onde expertos suxeriron cambios no modelo de xestión forestal en Galicia por mor dos incendios e a ampliación da moratoria de plantación de eucalipto ata 2030. O encontro, coordinado polo enxeñeiro de montes e profesor da Universidade de Santiago de Compostela (USC) Eduardo Corbelle, reuniu especialistas que coinciden na necesidade dunha "maior ordenación e planificación do territorio". Algunhas propostas expostas na xornada van no sentido de implementar aldeas modelo, polígonos agroforestais e recuperación de zonas agrarias abandonadas.

PROPOSTAS

Á súa vez, o biólogo Adrián Regos, da Misión Biolóxica de Galicia (CSIC), presentou unha análise sobre a Reserva da Biosfera Gerês-Xurés, no que analiza a evolución da paisaxe e da biodiversidade tras décadas de abandono rural e repetidos incendios. Por iso, Regos defendeu a necesidade de crear mosaicos agroforestais que "combinen zonas agrícolas, pastos e masas forestais autóctonas". Desde unha perspectiva europea, o catedrático Urbano Fra Paleo, asesor da Oficina das Nacións Unidas para a Redución do Risco de Desastres e membro do grupo E-STAG, presentou o informe das Academias Europeas de Ciencias sobre incendios e resiliencia da paisaxe. No documento consta a proposta dun cambio de paradigma nas políticas forestais, apostando por "pasar da cultura da extinción á cultura da prevención".

CATÁLOGO DE CHANS

Finalmente, a profesora Inés Santé Riveira, da USC, lembrou na súa intervención o informe da comisión parlamentaria sobre a vaga de incendios de 2017 e recomendacións acollidas na Lei de Recuperación da Terra Agraria de Galicia. Nesta liña, Riveira insistiu na "posta en marcha efectiva" do 'Catálogo de Solos Agropecuarios e Forestais' e o impulso de ferramentas como os polígonos agroforestais, as aldeas modelo e as actuacións de xestión conxunta. Segundo a experta, estas medidas mostráronse eficaces para mobilizar terras abandonadas, recuperar a produción agraria e reducir o risco de incendios.

Xornada ¡Expansión e homoxeneización do espazo forestal: receita para un desastre?', do Consello da Cultura Galega. CCG
Xornada ¡Expansión e homoxeneización do espazo forestal: receita para un desastre?', do Consello da Cultura Galega. CCG | Fonte: Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta