Podemos Galicia insta a abrir un "debate urxente" sobre o modelo ambiental de Galicia

Para a formación, "toca escoitar as voces de quen reclama outro modelo forestal", ou que "a transición enerxética se realice a favor dos territorios e as xentes que os habitan e non de intereses alleos".

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 24/07/2022 | Actualizada ás 17:41

Comparte esta noticia

Con motivo da celebración este luns do "Día da Matria Galega", Podemos Galicia emitiu un comunicado no que mostra a súa solidariedade coas persoas afectadas polos incendios forestais, á vez que insta a abrir un "debate urxente" nas administracións e a sociedade sobre o modelo ecolóxico e ambiental de Galicia.

"Estamos ante os lumes máis destrutores da historia de Galicia e non podemos esquecer que cada hectárea queimada é unha perda irreparable para o noso patrimonio, máis cando falamos de zonas dunha inmensa riqueza ambiental e paisaxística", destaca Podemos, para quen o futuro dos montes galegos é "tamén o futuro" de Galicia.

Por iso, instan a "deixar atrás o modelo que levou á destrución de hoxe e transitar cara a outro" que aposte polo "coidado e a protección da biodiversidade", así como por un "rural vivo". Para a formación, "toca escoitar as voces de quen reclama outro modelo forestal", ou que "a transición enerxética se realice a favor dos territorios e as xentes que os habitan e non de intereses alleos", xa que "o desenvolvemento, a industria e a innovación deben contribuír a soster e coidar o patrimonio natural e cultural de Galicia".

Desde Podemos consideran "imprescindible e urxente dar este debate" non só nas institucións, se non no seo da sociedade. "A Galicia que vén está nas mans do pobo, a sustentabilidade é o único camiño para preservar a esencia e a riqueza do que somos", sinalan.

Alixo, a zona cero do incendio de Valdeorras
Alixo, a zona cero do incendio de Valdeorras | Fonte: Gonzalo Blanco - ADEGA

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 1 comentario

1 Gamela

Tarde piaron... Agora falan de urxencia logo de 3 anos colaborando cun Goberno que xoga a desmantelar a pouca Industria que tiñamos en Galicia ? / Alcoa / Endesa / Gamesa Agora parece que o verbo escoitar púxose de moda de repente ? Será que a moda Yolanda insta a unha nova colleita de votos revestidos de ecoloxismo de salón ? Será que O Courel xa vai alá gracias aos Señoritos de Tódolos Partidos incluído Podemos ? Será... https://www.flickr.com/photos/profe...