As patacas galegas.... agora en mans castelás

A empresa de Valladolid Patacas Meléndez adquire a compañía galega Patacas Prado para entrar no mercado galego.

Por Galicia Confidencial | Xinzo | 03/08/2022 | Actualizada ás 10:35

Comparte esta noticia

A empresa castelá Patacas Meléndez acaba de adquirir a compañía galega Patacas M. Prado Mazaira S.L., referente no sector da pataca en Galicia. Unha operación coa que esta empresa de Valladolid quere entrar no mercado galego e vender a pataca galega noutros mercados.

Cultivo de pataca
Cultivo de pataca | Fonte: campogalego.com. Arquivo

"Galicia posúe unha enorme riqueza como rexión agrícola. Poder ofrecer pataca galega aos nosos clientes actuais supón un gran fito para a compañía", explicou Javier Meléndez, CEO de Patacas Meléndez nun comunicado.

Patacas Meléndez destaca que seguirá mantendo a totalidade da organización e a estrutura da empresa galega. "Desde Patacas Meléndez continúase apostando pola produción nacional e por xerar valor na categoría das patacas", indica. Con este movemento empresarial, a compañía poderá dispor da Indicación Xeográfica Protexida (IGP) "Pataca galega" e incluír o tubérculo dentro da súa portfolio de produtos.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta