As confrarías apreman o Goberno para que rebaixe o IVE do peixe ao 4%

Unha "vella reivindicación" para un alimento que, entenden, é "de primeira necesidade".

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 19/08/2022 | Actualizada ás 13:36

Comparte esta noticia

O presidente da Federación Nacional de Confrarías e patrón maior do porto de Burela, Basilio Otero, volveu esixir ao Goberno central que rebaixe o IVE do peixe do 10% ao 4%. Unha "vella reivindicación", sostén o empresario da Mariña lucense que aproveitou para remarcar que "hai países en Europa que o teñen máis baixo (o IVE) que España".

"Demóstrase que lonxe de ter unha perda de ingresos, a administración ten unha ganancia porque, aínda que ingrese menos, o peixe axuda á xente a estar sa, e así empregaríase menos a sanidade, co cal o que se deixa sen ingresar por unha banda afórrase polo outro: en medicamentos e tratamentos", razoou.

Insiste en que o sector "leva moito tempo pedindo o 4% e non entendemos esa reticencia", razoa. "Entendemos que é un alimento de primeira necesidade. De feito fomos nomeados un sector esencial durante a pandemia. Non entendemos esas reticencias por parte do Goberno a atender esta petición nosa", afeou.

Un aspecto que non pasa por alto Basilio Otero é que "se reduciu o consumo de peixe". "Os galegos xa non somos os primeiros consumidores de peixe", aviso. "Entendemos que esa rebaixa no IVE suporía unha rebaixa nos prezos e isto aumentaría o consumo de peixe", agrega.

Bocarte. Anchoa. Pescado. Pescadería. Alimentación. Supermercado. Compra. IPC.
Bocarte. Anchoa. Pescado. Pescadería. Alimentación. Supermercado. Compra. IPC.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta