Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 22/08/2022 | Actualizada ás 14:21
A asociación ecoloxista Arco Iris denunciou o "abandono" das Fragas do Eume e pediu á Consellería de Medio Ambiente que instrúa un expediente informativo "que depure responsabilidades".
Nun comunicado, afirma que "a situación de abandono" das Fragas do Eume "tocou teito" e responsabiliza á máxima responsable da xefatura provincial, á directora xeral de Patrimonio Natural e aos xefes de servizos de parques naturais e patrimonio natural. "Unha situación de abandono e decadencia que nos últimos anos foi a máis, sen que fosen capaces de aprobar o Plan de Uso e Xestión do parque".
Do citado plan, sinala que todo o proceso de redacción se fixo de maneira "oscurantista" desde o primeiro momento. Por outra banda, asegura que "o simulacro de incendio ocorrido hai uns días en Monfero pode ser unha primeira pedra de toque que debe acender todas as alarmas".
"É necesario que a propia conselleira tome cartas no asunto e asuma un compromiso público para evitar que no futuro se repitan novas 'verbenas' incontroladas de turistas campando ás súas anchas polas Fragas", denuncia tamén.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.