A Xunta destina 1,5 millóns en anuncios de pesca e acuicultura en plena crise de suba de prezos

A Consellería de Pesca volve reservar boa parte dese diñeiro para os medios de comunicación tradicionais de Galicia, que tamén reciben anualmente millóns de euros en publicidade e subvencións.

Por Galicia Confidencial | Compostela | 29/08/2022 | Actualizada ás 20:40

Comparte esta noticia

A Xunta segue inxectando máis diñeiro público aos medios de comunicación. Nesta ocasión a través dun concurso que pretende desenvolver unha campaña de promoción dos produtos  procedentes da pesca e a acuicultura nos anos 2022 e 2023. En total, 1.452.000 millóns de euros.

Cabeceiras de medios en galego que reciben subvencións por parte da Secretaría Xeral de Medios da Xunta
Cabeceiras de medios en galego que reciben subvencións por parte da Secretaría Xeral de Medios da Xunta

Entre a xustificación da Consellería de Pesca para este concurso,resolto hai unha semana, está que a cadea de comercialización de productos pesqueiros e da acuicultura presenta na actualidade unha “gran complexidade derivada dos profundos cambios acontecidos no sector”, entre eles, o desenvolvemento da loxística do transporte, que posibilitou un acceso global á oferta dos produtos pesqueiros.

Ademais, a Xunta tamén insiste na necesidade de apostar por estes produtos tras a situación xerada pola pandemia e as repercusións que esta tivo no modelo de consumo e comercialización. “Neste contexto faise máis importante ca nunca satisfacer as necesidades dun consumidor que se estaba a debuxar nos últimos anos como altamente esixente e prestar apoio e saída a un sector que precisa máis ca nunca potenciar, difundir e promocionar os sectores e produtos pesqueiros galegos e acuícolas, co fin de intensifciar o coñecemento dun alimento sostible e de proximidade”, recolle no prego de condicións ao que tivo acceso GC.

OBXECTIVOS

Entre os obxectivos finais do concurso están os de mellorar a comercialización dos productos procedentes da pesca, o marisqueo e a acuicultura, incrementar a competitividade dos produtos porcedentes deste sector e potenciar a DOP Mexillón de Galicia. 

A Consellería de Pesca tamén quere, con esta campaña, promocionar a marca “PescadeRías ¿de onde se non?”, poñer en valor a campaña “Galicia sabe a mar” e promocionar os produtos da acuicultura, especialmente, “o mexillón, a troita e o rodaballo, así como o bonito do norte. Por outra banda, quere fornecer dunha maior información aos consumidores sobre aspectos sanitarios, nutricionais ou de acuicultura sostible.

OS MEDIOS TRADICIONAIS, OS PRINCIPAIS RECEPTORES

Chama a atención que, a pesar de insistir nun mercado “global”, a Xunta canaliza a maior parte da publicidade a medios de Galicia e, concretamente, aos grandes grupos de comunicación do país. Así, os anuncios en Televisión serán principalmente para a TVG e o 60% do investimento dedicado a prensa será para os “diarios líderes nas sete maiores cidades de Galicia”.

O mesmo acontece cos medios dixitais xa que Pesca reserva o 40% do investimento para “as cinco edicións dixitais dos xornais galegos que rexistren os mellores datos de páxinas vistas e de duración media das visitas” sen aclarar que sistema de medición hai que empregar tendo en conta que os datos da maior parte das edicións dixitais dos grandes grupos mediaticos de Galicia están por debaixo de medios nativos dixitais como é o caso de Galicia Confidencial.

No caso das radios, Pesca sinala que serán “todas as emisoras con audiencia e posibilidade de segmentación publicitaria para Galicia”.

MOITO MÁIS DIÑEIRO

Hai dous anos, este mesmo departamento da Xunta sacaba a concurso destinaba 172.000 euros para a promoción dos produtos procedentes da pesca e da acuicultura entre a poboación xuvenil no 2021 e 2022. Unha cifra moi por debaixo da destinada neste novo concurso que, a diferencia do anterior, vai destinado a todo tipo de franxas de idade.

SUBENCIÓN AOS MEDIOS

O pasado ano a Xunta de Galicia destinou máis de 15 millóns de euros o pasado ano, durante a etapa de Mar Sánchez na Secretaría Xeral de Medios, en contratos publicitarios que tiñan coma finalidade insertar campañas institucionasi  nos principias medios de comunicación de Galicia e, en menor, de España. E, iso, sen ter en conta contratos menores ou convenios puntuais cos medios de comunicación que fai que a cifra que o Goberno galego destina a propaganda sexa moito maior.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 1 comentario

1 Gamela

Se pensan seguir promocionando a venda por Internet o peixe e o marisco vano comer en Barcelona, Donosti, Madrid... A ameixa babosa hai 3 semana ía a 55 €uros / kilo Se lle sacas as cunhas o prezo do gramo de ameixa vai camiño do Caviar Beluga !!