Turismo: Galicia rexistra unha ocupación do 84% en xullo e agosto, segundo os hosteleiros

A Coruña e Pontevedra acadaron medias do 90% en agosto.

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 31/08/2022 | Actualizada ás 18:10

Comparte esta noticia

A comunidade galega rexistrou unha ocupación media do 84% durante os meses de xullo e agosto, segundo os datos de Hostalaría de Galicia, integrada polas asociacións provinciais de hostalaría da Coruña, Lugo, Ourense e Pontevedra.

Con respecto ao mes de xullo, a provincia mellor situada foi A Coruña, cun 86,8% de ocupación, mentres que en Pontevedra foi do 80% e en Lugo, do 77,15%. A provincia de Ourense alcanzou durante o verán unha media do 80%, o que supón que a media de ocupación en Galicia en xullo fose do 80,98%, de acordo con estas cifras.

O número de turistas durante agosto incrementouse en todas as provincias. A Coruña e Pontevedra alcanzaron o 90% de ocupación, segundo Hostalaría de Galicia, mentres que Lugo situouse nun 85,6% e Ourense roldou o 80%. Así, a media rexistrada foi dun 86,4% de ocupación en Galicia durante o segundo mes de verán.

As previsións do mes de setembro auguran un descenso do turismo en comparación cos meses anteriores. Para A Coruña, a asociación espera unha ocupación do 60,8%, cifra que supera Pontevedra, onde os datos apuntan á toma de aloxamentos do 72% e, pola súa banda, Lugo agarda unhas cifras máis baixas, cun 52,5%.

Un grupo de 250 peregrinos da provincia de Lugo chega ao Obradoiro tras completar o Camiño de Santiago. XAIME CORTIZO
Un grupo de 250 peregrinos da provincia de Lugo chega ao Obradoiro tras completar o Camiño de Santiago. XAIME CORTIZO

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta