Por E.P. | A CORUÑA | 03/09/2022 | Actualizada ás 10:59
Máis de mil persoas participarán este sábado na proba de obstáculos Gladiator Race, no parque de Bens, na Coruña, segundo informou a concelleira de Deportes, Mónica Martínez. Nela, participarán atletas de Asturias, Madrid, Cataluña, Castela e León, Portugal e diversos puntos de Galicia.
A Gladiator Race chega á cidade herculina co obxectivo de crear "unha xornada única chea de deporte, diversión e un desafío de máis de seis quilómetros de percorrido con máis de 25 obstáculos de auga, forza, equilibrio ou coordinación".
A esta carreira, sumarase, a partir do domingo, o Gladiador Kids, un formato de proba deseñada exclusivamente para os máis pequenos. Ademais, a iniciativa terá un carácter solidario coa doazón dun euro de cada persoa rexistrada e que se destinará ao proxecto ENKI da Fundación Abrente.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.