Os que pasan á historia

Os acontecementos sobor da guerra derivada da invación de Ucrania tráenme á memoria os tempos da escola. E lémbranme cando se falaba de que tal rei ou xefe de estado fora moi bo, pois conquistara tal ou cual pais e fixera máis grande ó seu imperio. Dos demais, daqueles outros que non fixeran guerras e non conquistaran ren, non se falaba. Non tiñan categoría, pois non anexionaran ningún pais ou nación, polo que sempre eran esquecidos.

Por Manuel H. Iglesias | Ourense | 12/09/2022

Comparte esta noticia
Co paso dos anos  a realidade social foime sinalando que as cousas  non son  como as pintaban e contaban  naquela escola triste e autoritaria. A política da forza e da conquista polas armas era a que mandaba e a que se predicaba dende o réxime; era   a que se  inpartía na maioría dos centros de ensino. A miña compañeira e muller cóntame  que no colexio da cidade onde cursaba o bacherelato,  un profe moi coñecido que xa finou, facíalle a seguite pregunta ás alumnas: “Que le diría Franco a Hitler para que no nos invadiera España como lo hizo con ontros paises de Europa.” Pois ben, diante esa pregunta,  todas as rapazas da clase quedaron caladas. E digo eu, que lle iba dicir: pois que era o seu aliado. Ou sexa: outro admirador daquel réxime noxento de asesinos. Pois neses tempos e nesas escolas era nas que sempre se falaba deses grandes conquistadores que arransan os países pero que pasaron á historia como grandes heroes.   Mais, os anos, e sobor de todo,  o tempo que  vivirmos  en liberdade,  trocou a  forma de ver a vida e impuxo unha visión  moi distinta  a da película que nos contaban daquelas. 
 
Agora, cando o principio de soberanía dos paises esta recollido na carta das nacións unidas  ONU, e cando  desapareceron os bloques ideolóxicos con modelos distintos na economía,  rexurde da man dun autócrata como Putin un serio perigo para o mundo das liberdades;  e o comcepto de soberanía das nacións e dos estados ponse en cuestión coa invasión de Ucrania.
 
Polo tanto, a pregunta que a moitos nos ronda na cachola,  e a seguinte: cando o sistema económico e igual en todas as partes do mundo, cal é o motivo desta deriva que pon en cuestión e ameaza ás democracias europeas?
 
A resposta é complexa, pero a amenaza real. No fondo,  son dous elementos  os que se xuntan e actúan á vez coodenadamente. O primeiro é tentar acadar o control das enerxías que hoxe son básicas pra mover a economía e por extensión o mundo. A segunda o afán de voltar ás fronteiras  que antes tiña o Telón de Aceiro. Ou sexa: a Unión Sovietica. Dito doutra maneira, Rusia quere manter baixo o zapato ós estados que pertenceron ó  réxime comunista. 
 
Hai uns días finou o pai da Perestroika. E o desprezo con que Putin o tratou é un indicativo de que, pra este autoritario gobernante o seu legado foi moi negativo pois con el desintregoruse  a chamda Unión Sovietica.
 
Vivir en democracia, aínda que esta teña as súas eivas, é  moi complexo e delicado. Europa leva  dende o ano de 1944 un periodo de paz no que se acadaron moitos obxectivos que redundan no nivel de vida dos países  e das xentes que neles vivimos. Hoxe, por mor da guerra, promovida polo autócrata Putin e  apoiado por China,  vense nubes escuras que anuncian tempos  incertos. Con todo o acontecido, esperemos que escampe e que a enerxía non se convirta nunha arma de guerra como xa acontece.  Por elo,  é preciso que á historia pasen os que gobernan pra acadar mellor nivel de vida;  que  pasen os que respetan os  dereitos humanos, os paises e as fronteiras,  e non os conquistadores que invaden e eliminan a soberanía dos outros co afan de  que  historia os lembre como grandes gobernantes.
 

Hermanager Humor - Putin 2022 gc
Hermanager Humor - Putin 2022 gc
Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Manuel Herminio Iglesias Natural de Seixalbo, concello de Ourense 1949. Diplomado en Maxisterio (Ciencia Humanas) e Música. Comprometido coa labor social, cultural e política, fundou diversas asociacións. Foi, dende xuño do 2009 ate xuño de 2011 concelleiro de Infraestruturas, Mobilidade e Perímetro Rural no concello de Ourense. Preside dende o ano 1997 a Asociación Cultural Agromadas. www seixalbo.com