Por GCAgro | Santiago de Compostela | 01/10/2014 | Actualizada ás 07:00
A partir de hoxe mércores, 1 de outubro, xa se poden volver solicitar de novo os permisos de queima de restos agrícolas ou de restos forestais amoreados, de acordo coa normativa vixente e posto que rematou oficialmente a época de perigo alto de incendios forestais en Galicia.
A decisión de dar por finalizada a campaña de perigo alto adoptouse de acordo co establecido polo artigo 9 da Lei 3/2007, de 9 de abril, de prevención e defensa contra os incendios forestais de Galicia, segundo o cal a Consellería con competencias en materia forestal definirá a época de perigo alto que condicionará a intensidade das medidas que se vaian adoptar para a defensa do territorio da nosa Comunidade.
De acordo co plantexamento de despregue progresivo que se aplicou ao inicio da campaña, os medios contra incendios de reforzo iranse repregando tamén de xeito gradual ao longo do mes de outubro.
Para realizar as queimas débese chamar ao teléfono 012. Toda a información sobre os trámites nesta web.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.