Exaltación da carne de Boi de Allariz para comezar o outono

Do 30 de setembro ao 12 de outubro terá lugar a XI edición das Xornadas de Carne de Boi de Allariz con petiscos e menús deste produto nos establecementos participantes. Haberá concurso de tapas, actividades temáticas e premios.

Por Galicia Confidencial | Allariz | 25/09/2022 | Actualizada ás 10:00

Comparte esta noticia

Un total de 24 establecementos hostaleiros ofertarán menús e tapas no que o ingrediente principal será a carne de boi de Allariz entre os días 30 de setembro e 12 de outubro.

Presentación das XI Xornadas de Carne de Boi de Allariz. Foto: Prensa Concello de Allariz
Presentación das XI Xornadas de Carne de Boi de Allariz. Foto: Prensa Concello de Allariz

Cristina Cid, alcaldesa de Allariz, e María López, concelleira de Promoción Económica veñen de presentar a imaxe do evento e daban conta dalgunhas da actividades lembrando que nos vindeiros días coñeceranse na páxina web do concello as propostas que ofrecerán os establecementos locais participantes. 

Nesta edición, con máis negocios de hostalería e máis variedade de elaboracións, haberá concurso de tapas como xa vén sendo habitual, varias actividades no Mercado da Reserva e por suposto premios para as persoas que se acheguen nestes días a degustar este manxar a Allariz e participen nos sorteos.

Este ano volve o premio Papando no Boi. Un recoñecemento que xurdiu o ano pasado para premiar a primeira persoa de Allariz que consuma todas as tapas. Como condición para recibir este premio, a persoa deberá contar con tarxeta cidadá de Allariz.

Haberá sorteo de varios vales para gastar no Comercio Local, así como un premio xeral que se sorteará entre todas as papeletas que teñan consumidas todas as tapas.

CRÍA DE CARNE DE BOI, UN PROXECTO CONSOLIDADO

As xornadas de dinamización da hostalería local cumpren once anos de celebración vinculadas ao proxecto de cría de carne de boi, un programa caracterizado pola cría de bois en extensivo para producir carne de calidade e comercializar un produto diferente.  

Ademais, esta cría en extensivo axuda a manter a superficie forestal limpa para evitar incendios e rexenerar os pastos.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta