Santalices recibe na Cámara autonómica ao novo xefe da Garda Civil en Galicia

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 28/11/2022 | Actualizada ás 18:53

Comparte esta noticia

O presidente do Parlamento de Galicia, Miguel Ángel Santalices, recibiu este luns ao novo xefe da Garda Civil en Galicia, Miguel Ángel González Arias.

O xeneral de brigada visitou a sede do Lexislativo autonómico no Pazo do Hórreo de Santiago, onde se atopou co titular da Cámara, quen desexou éxito a González Arias na súa nova etapa, iniciada a pasada semana de forma oficial coa publicación no BOE do seu nomeamento.

Nacido en Lugo en 1964, o novo xefe da Garda Civil na Comunidade galega iniciou a súa traxectoria nos servizos de información da Benemérita no País Vasco e Madrid para desprazarse máis tarde a Galicia, onde ocupou distintos cargos nas comandancias da Coruña e Lugo.

En novembro de 2013 foi nomeado jee da Comandancia de Lugo, primeiro como tenente xeral e despois como comandante desde 2016, ano no que, en xuño, ascendeu a xeneral de brigada a proposta de Ministerio de Defensa.

O novo responsable do Instituto Armado na Comunidade galega ocupa a vacante deixada en outubro polo xeneral Luís Francisco Rodríguez tras pasar á reserva unha vez cumprida a idade establecida.

O presidente do Parlamento de Galicia, Miguel Ángel Santalices, recibiu este luns ao novo xefe da Garda Civil en Galicia, Miguel Ángel González Arias
O presidente do Parlamento de Galicia, Miguel Ángel Santalices, recibiu este luns ao novo xefe da Garda Civil en Galicia, Miguel Ángel González Arias | Fonte: Parlamento de Galicia

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta