Os trovadores do século XX

Horacio Guarany (1925-2017) músico arxentino escribiu e cantou: “Si se calla el cantor calla la vida, porque la vida, la vida misma es todo un canto. Si se calla el cantor muere el espanto, la esperanza, la luz y la alegría...”

Por Manuel H. Iglesias | Ourense | 02/12/2022

Comparte esta noticia
Hai uns días deixounos o cantautor cubano, afincado dende hai anos en Galicia, Pablo Milanés. No seu haber quedan moitos discos e cantigas todas con mensaxes que marcan a paixón pola vida e tamén por uha ética na maneira de vivila. Fermosa voz que se apagou nun mundo onde hoxe a poesía musicada perde espazo e é afogada polas cantigas  en  serie feitas someante  para o consumo,  sen outro obxectivo que non sexa a diversión máis banal e moitas veces chocalleira.   Iste pasamento tróuxome  tamén á memoria os tempos  de finais do réxime franquista e anos  posteriores,  onde os cantautores foron sempre a vangarda  que, chanzo a chanzo, rachou  coa censura que imperaba na sociedade do momento. Eles musicaron ós poetas prohibidos  e silenciados facendo que as súas proclamas e textos nos permitiran escoitar a voz dos  afogados  pola  escuridade da España en branco e negro. Deste xeito, os que eramos mozos daquela, soubemos  dos poemas de Miguel Hernandez, Antonio  Machado, Rafael Alberti e moitos máis que na escola se nos agocharan. E tamén dos seus propios textos cheos de vida e beleza.
 
Os cantautores son os herdeiros dos antigos  trovadores. Son os continuadores deses homes que eran poetas e músicos  á vez,  e que daban a coñecer os seus traballos na sociedade do momento. Nos  anos  sesenta e setenta  do século pasado a esas cantigas chamábaselle cancións protesta. Mais o certo é que  esas melodías marcaron  un tempo. Deixaron pegada e é preciso  que o saiban os máis novos que hoxe so coñecen musicas tecno ou que veñen doutras latitudes.   Naqueles anos  a censura revisaba as letras que pretendian cantar nos concertos e sinalaba  as que se podían  e as que non. 
 
Con todo o tempo dos cantautores non pasou de moda. E sigue vivo, aínda que sen tanta forza como naquelas decadas. Outras músicas menos comprometidas coa vida, cos problemas da sociedade,  e coa liberdade son as que se consumen e que se   promocionan   co obxeto da diversión sen comporomiso social ningún. 
 
Maís no haber de toda esta xente quedan traballos moi pensados  e teimudos todos  feitos por istes creadores que marcaron un tempo de compromiso social e de loita. Eles foxérono  a súa maneira, pola democracia. Compromiso que non estivo contra a creación de beleza e bo facer artístico. Compromiso que   soupo exporñer nas súas letras a realidade dunha sociedade moi  distinta  á actual. Nomes como Serrat, Aute, a desaparecida Cecilia, Javier Crak, Lluis llac, Victor Manuel e a súa dona, e os galegos Luis Emilio Batallán, Biviano e  un longo etc.
 
Deixaron un bo fato de mensaxes que convén escoitar con detemento. Mensaxes que sirven pra reflexionar e pra entender a sociedade do momento e ver as diferencias  coa actual.
Un trovador deixounos. Un home con voz clara e mensaxe artístico marchou en silencio. Mais o importante  é que nos deixa o seu legado que poderemos escoitar e valorar  moitas veces. Por eso, as verbas  do comenzo deixan claro que si se cala o cantor,  sempre cala unha parte da nosa  vida. E aínda que non o pareza, morre un chisco a esperanza, apágase unha   luz, e  con ela,   as ansias de vivir en liberdade.

Pablo Milanés actuando nas festas do Apóstolo en Santiago
Pablo Milanés actuando nas festas do Apóstolo en Santiago | Fonte: nachomish flickr
Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Manuel Herminio Iglesias Natural de Seixalbo, concello de Ourense 1949. Diplomado en Maxisterio (Ciencia Humanas) e Música. Comprometido coa labor social, cultural e política, fundou diversas asociacións. Foi, dende xuño do 2009 ate xuño de 2011 concelleiro de Infraestruturas, Mobilidade e Perímetro Rural no concello de Ourense. Preside dende o ano 1997 a Asociación Cultural Agromadas. www seixalbo.com