Un galego premiado por un ensaio en asturiano sobre linguas minoritarias

O xornalista Damián Barreiro recibiu o Premio Máximo Fuertes Acevedo de ensaio en asturiano por "Caleya Sésamu: el papel de la televisión na tresmisión interxeneracional da llingua", presentado co pseudónimo de Son Goku.

Por Galicia Confidencial | Asturies | 15/11/2014 | Actualizada ás 13:00

Comparte esta noticia

É galego e asturiano. Damián Barreiro Maceiras, xornalista da Estrada, de nai asturiana e pai galego, acaba de gañar o Premio Máximo Fuertes Acevedo de ensaio pola súa obra "Caleya Sésamu: el papel de la televisión na tresmisión interxeneracional da llingua", que presentou baixo o pseudónimo Son Goku.

O xornalista Damián Barreiro, gañador de varios premios en asturiano
O xornalista Damián Barreiro, gañador de varios premios en asturiano

E non é único que gaña. En 2013 fíxose co Premio de Ensaio Fierro Botas, convocado polo Concello de Xixón, coa obra "L'espeyu onde miranos: televisiones de proximidá n'Europa Occidental y procesos de recuperación identitaria".

No caso do premio Máximo Fuertes Acevedo, o xurado do galardón destacou "a solidez documental e a boa estructuración dunha obra que analiza as posibilidades da animación infantil como instrumento favorecedor das linguas minoritarias, avanzando propostas concretas no ámbito da normalización social da lingua asturiana".

A este galardón, que convoca a Consellería de Educación, Cultura e Deporte do Principado de Asturias e que está dotado con 3.000 euros, podían presentarse obras de tema, xénero e estrutura libre que reunisen as características do xénero ensaístico entendido na súa amplitude.

Damián Barreiro traballou no desaparecido semanario Les Noticies e colaborou con outros medios de comunicación asturianos, como a Televisión Local de Xixón, a periódico Diagonal Asturies ou o diario La Nueva España, na súa sección Escolinos.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta