Os medios en español levan 9 veces máis axudas que os medios en galego

A Xunta destina 1.675.000 para os xornais dos grandes grupos de comunicación, mentres que reparte case 182.000 entre os xornais integramente en galego. Diario de Pontevedra é un dos que máis recibe, pese ao despido de traballadores. El Correo Gallego non está incluído na lista dos medios subvencionados. Relación das axudas no interior.

Por Xurxo Salgado | Compostela | 21/11/2014 | Actualizada ás 14:49

Comparte esta noticia

A Xunta acaba de conceder máis de dous millóns de euros en axudas directas ás empresas xornalísticas e de radiofusion e para as empresas que realicen publicacións periódicas escritas integramente en galego. E, como aconteceu outras veces, os grandes grupos de comunicación son os grandes beneficiados, ás veces, por partida dobre ou triple.

'Feijóo alimenta a máquina de Santiago Rey'. Gonzalo Vilas fixo esta ilustración para a reportaxe do Novas da Galiza e o GC sobre as axudas aos medios.
'Feijóo alimenta a máquina de Santiago Rey'. Gonzalo Vilas fixo esta ilustración para a reportaxe do Novas da Galiza e o GC sobre as axudas aos medios.

Así, as axudas aos medios en español supoñen 9 veces máis da que reciben os medios en galego, máis de 1.675.000 dos grandes xornais fronte aos case 182.000 dos xornais escritos en galego. Unha situación, que tamén se explica, en boa medida, pola febleza dos medios en galego tras a decisión dalgúns grandes grupos mediáticos de suprimir as súas edicións en galego, como foi o caso de Galicia Hoxe, do Grupo El Correo, ou o gratuíto De Luns a Venres, do Grupo El Progreso, que nas anteriores convocatorias recibían importantes sumas.

Nestas axudas, e como xa acontece con outras precedentes, La Voz de Galicia, que este xoves reuníu na súa sede de Sabón á cúpula do PP con Mariano Rajoy á cabeza, é o medio máis beneficiado. Recibe 662.175,81 euros, fronte os 218.956,01 do segundo, o Faro de Vigo. Xa a máis distancia atópanse El Progreso de Lugo que percibe máis de 132.000 euros ou La Región, 66.000.

Diario de Pontevedra recibe máis axudas pese aos despidos

O que chama a atención destas axudas son os máis de 127.000 euros que recibe Lérez Ediciones, SL, que pertence ao Grupo El Progreso, e edita Diario de Pontevedra

Pese a súa difusión –centrada na cidade de Pontevedra e comarca--, é o cuarto xornal que máis axudas leva, moi preto do xornal matriz, El Progreso. Unha circunstancia que se produce, ademais, cando acaban de despedir a sete traballadores deste medio e tres bolseiros.

Tamén recibe case 85.000 euros Editorial La Capital, que edita El Ideal Gallego e Diario de Ferrol, e que tamén está inmerso en problemas laborais. Rías Baixas de Comunicación, S.A., do Grupo La Región, e editor de Atlántico Diario, leva 28.500.

En radios, Cadena Cope e Onda Cero, son as que máis levan, con 57.500  e 53.700 respectivamente. Logo están as distintas emisoras que colaboran coa Ser, que reciben entre 21.000 e 35.000 euros. Pola súa banda, Radio Voz, do Grupo Voz, leva 25.000 euros.

Neste ranking os que menos levan son as axencias de noticias e o xornal Sermos Galiza, que tamén recibe axudas na convocatoria de medio en galego. Así, Sermos percibe case 5.200 euros; a Axencia EFE,  4.400 euros eEuropa Press, 2.678.

Web Faro de vigo e Editorial Compostela 

Chama a atención que quede excluída destas axudas Editorial Compostela, a editora de El Correo Gallego. Unha exclusión que tería que ver coa súa situación económica. De feito, os datos aportados por esta sociedade fan indicar aos seus acreedores que ten un patrimonio neto tan baixo que podería ser “causa de disolución”.

Nesta relación tamén destacan os 22.247 euros que percibe Faro de Vigo Media, S.L. Esta é a empresa creada por Prensa Iberica para dotar de contidos á web farodevigo.es.  

Medios en Galego

No caso das empresas en galego, as axudas están moito máis repartidas, aínda que delas quedaron excluídas ás empresas que editan xornais en galego na rede. O medio que máis cartos recibe por utilizar o galego é Sermos Galiza, con case 35.000 euros. Síguelle Ediciones Edisport, S.LL, que cobra tres axudas diferentes que suman case 30.000 euros e Publicaciones Tameiga, S.L., que edita a Nova Peneira, con 12.200 euros.

O resto dos medios van desde os 8.300 de Terra Cha Xa e os 10.700 de Xornal Galicia Sur Pontevedra. Algúns dos medios subvencionados están asociados a Asociación de Medios en Galego (AMEGA), entre eles, Tempos Novos, Sermos Galiza, Terra Cha Xa ou A Nova Peneira.

AXUDAS PARA EMPRESAS DE COMUNICACIÓN E RADIOFÓNICAS

ANEXO

NIF

Empresa

Total

B15162068

Editorial La Capital, S.L.

84.964,13

B27000637

El Progreso de Lugo, S.L.

132.368,94

B35074681

La Opinión de La Coruña, S.L.

37.973,70

A32000325

La Región, S.A.

66.035,86

A36643674

Rías Baixas de Comunicación, S.A.

28.551,42

B36003549

Lérez Ediciones, S.L.

127.740,03

B15011950

Radio Coruña, S.L.

38.077,94

A15000649

La Voz de Galicia, S.A.

662.175,81

A36600815

Faro de Vigo, S.A.

218.956,01

A32003915

Radio Orense, S.A.

21.622,20

A36005346

Radio Pontevedra, S.A.

29.515,06

A36612414

Radio Vigo, S.A.

34.156,70

A27019710

Radio Lugo, S.A.

21.673,41

A28281368

Radio Popular, S.A.

57.416,29

B15054414

Voz de Galicia Radio, S.L.U.

25.507,85

A28782936

Uniprex, S.A.

53.746,05

A41606534

Europa Press Delegaciones, S.A.

2.678,54

A70301510

Sermos Galiza, S.A.

5.177,66

B36879054

Faro de Vigo Media, S.L.

22.247,85

A28028744

Agencia Efe, S.A.

4.414,55

AXUDAS PARA EMPRESAS QUE EDITAN XORNAIS EN GALEGO

ANEXO

NIF

Solicitante

Medio

Importe total

B36979920

Ediciones Edisport, S.L.L.

A Louriña

8.414,62 €

B36979920

Ediciones Edisport, S.L.L.

Vigo Deportivo

8.395,25 €

B32323925

Letras a la Carta, S.L.

Ourense por barrios

11.970,99 €

B32323925

Letras a la Carta, S.L.

Barrios Xinzo-Verín-Allariz-Celanova

9.725,55 €

B32323925

Letras a la Carta, S.L.

Barrios Deportivo

15.141,79 €

A15575574

Atlántica de Información e Comunicación de Galicia, S.A.

Tempos Novos

8.351,41 €

B27325398

Félix Jorquera Caselas, S.L.

Terra Cha Xa

8.372,40 €

B70077995

Arrincamos, S.L.

Sprint Motor

8.658,56 €

B32215329

Garherve, S.L.

O Sil ano 2000

8.951,76 €

B15919947

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Código Cero

8.658,15 €

B70273651

Crónicas da Comarca, S.L.

Crónicas da Comarca-Edición Interior Coruñés

9.190,03 €

B94020716

Grupo Distribuciones Asesor Marketing Publicitario, S.L.

Xornal Galicia Sur Pontevedra

10.743,90 €

77006414E

Adelaida Domínguez Mariño

Xornal Galicia Sur Ourense

9.891,77 €

B94071545

Xornal Galicia Norte A Coruña, S.L.

Xornal Galicia Norte A Coruña

10.101,25 €

B36344430

Publicidade Terceiro Milenio, S.L.U.

Xornal 21

9.323,30 €

76870060N

Muñiz Domínguez, Miguel Manuel

Sustansia

8.270,70 €

B36271336

Publicaciones Tameiga, S.L.

A Nova Peneira

12.192,00 €

A70301510

Sermos Galiza, S.A.

Sermos Galiza

34.987,57 €

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 11 comentarios

9 Carmen

Estas tres empresas son as mesmas, B94020716 -Grupo Distribuciones Asesor Marketing Publicitario, S.L. Xornal Galicia Sur Pontevedra 10.743,90 € 77006414E- Adelaida Domínguez Mariño Xornal Galicia Sur Ourense 9.891,77 € B94071545- Xornal Galicia Norte A Coruña, S.L. Xornal Galicia Norte A Coruña 10.101,25 € Ano tras ano, fan o mesmo,....

8 capitan inferno

Xa está ben de dar axudas ó medios. Que cada un aguante co que ten, e se non poden que pechen ou que aprendan a xestionalos coma calqueira outra empresa.

7 manel

as cantidades de el progreso e lerez ediciones,non deberían computar na misma conta?..editorial la capital edita tamen diariodebergantiños,diariodearousa e dxt,e dicir,unhas cuantas familias mais..menuda vergonza de goberno!!

6 Un metido no allo

Diante desta situación a solución que lles qued aos xornais en galego é unha fusión ordenada respectando a súa presencia en cada zona do Pais. Todos xuntos cubren un espazo importante da xeografía galega. Serian unha espacie de xornal semanal, por exemplo, ou quincenal, que respostaria ao que os espertos din que pode salvar a prensa en papel: ser os xornais de cercanias, de comarcas amplas con información moi pegada á Terra. Só asi poderán sobrevivir cecais por 20 ou 25 anos máis. Despois contaremos.

1 Undaki

Tes toda a razón

5 Ferrolano

Os do Sermos cobran axudas por escribir en galego, pero logo a metade das cousas están en portugués ou nunha mixtura extraña con palabras portuguesas mezcladas, que lle pidan os cartos o goberno portuxes e deixen de tirar o diñeiro dos galegos no seu panfleto.

1 A perruca do Careca

Ferriniano ten razón, o único dixital que inscribe en jalleno é o Boimorto Times, a voz do cosmopolitismo na sombra que non se deixa manipular pola UPJAJA e o BNEJAJA, e nin polo pola abadía de San Mariano Mensaxeiro.