A directora da TVG recolle o premio da Academia da Televisión

A Academia das Ciencias e as Artes da Televisión, que preside Manuel Campo Vidal, levou a cabo en Madrid a súa gala de entrega de premios aos profesionais do medio máis destacados da pequena pantalla, que desenvolven a súa labor tras as cámaras.

Por Galicia Confidencial | Madrid | 02/12/2014 | Actualizada ás 14:20

Comparte esta noticia

A directora xerente da Televisión de Galicia, Rosa Vilas, foi unha das persoas galardoadas, da que se salientou o seu labor profesional "desenvolvido con brillantez". Ademais da responsable da canle pública galega, outros catorce profesionais dos medios recibiron este premio. A cerimonia tivo lugar onte na auditorio do Ministerio de Educación, Cultura e Deporte.

Rosa Vilas, directora da TVG, recolle o premio da Academia da Televisión
Rosa Vilas, directora da TVG, recolle o premio da Academia da Televisión | Fonte: crtvg.es

Rosa Vilas agradeceu esta distinción subliñando que os vintecinco anos que leva na TVG aprendeu moito dos grandes profesionais que traballaron e traballan nela, e lembrou os tempos pioneiros da canle autonómica así como os retos que ten hoxe diante do futuro.

Tanto a presentadora do acto, Helena Resano, como o propio Campo Vidal destacaron que estes premios tratan de de reconocer a excelencia profesional que existe detrás das cámaras. "Sabemos que a televisión é un traballo de equipo e hoxe se premia por eso", afirmaron.

Xunto con Rosa Vilas, foron premiados, entre outros, o productor Pepe Carbajo, e o comunicador Ramón Sánchez Ocaña pola súa traxectoria en TVE.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 1 comentario

1 Sofres

Merecido. Por primeira vez na súa historia, a TVG non chega ao 10 por cento de share.