Formoso pide a Sánchez que incorpore a Galicia á rede de hidroductos que conectará España co resto de Europa

O secretario xeral do PSdeG referiuse á primeira planta de hidróxeno de Galicia para lograr a "estabilidade de prezos" e unha "enerxía sen emisións totalmente autóctona".

Por Europa Press / Redacción | VIGO | 10/01/2023 | Actualizada ás 15:31

Comparte esta noticia

O secretario xeral do PSdeG, Valentín González Formoso, solicitou este martes, durante a súa visita á Zona Franca de Vigo, ao Goberno de Pedro Sánchez a incorporación de Galicia á rede de hidroductos que conectará á Península Ibérica co resto de Europa.

A preguntas dos medios de comunicación, Formoso declarou a necesidade de selar un novo eixo de produción enerxética, que será "un dos grandes protagonistas da revolución enerxética que Europa prevé para o ano 2030".

Así mesmo, o líder dos socialistas galegos referiuse á primeira planta de hidróxeno de Galicia, que "terá unha capacidade para fornecer unha tecnoloxía enerxética que substituirá ao gas natural ruso".

"Isto vainos a permitir unha estabilidade de prezos que é fundamental para o tecido produtivo galego e, por outra banda, unha enerxía sen emisións totalmente autóctona, que necesita para funcionar a enerxía eólica e a auga", sinalou.

Formoso considera que a auga en Galicia "é unha garantía" e que o vento, se a Xunta de Galicia é capaz de dinamizar a tramitación daqueles parques eólicos que son estratéxicos, "permitirá ter hidróxeno".

"A sociedade galega ten que saber que cando esta planta funcione será a segunda en España de produción de hidróxeno e a máis eficiente que haxa en Europa polo modelo de hibridación de proxecto hidráulico e proxecto de xeración de hidróxeno", engadiu.

O secretario xeral do PSdeG cre que a implicación de grandes marcas que anunciaron a súa participación no proxecto e a achega do Estado en 30 millóns de euros é a garantía para que Galicia "sexa pioneira na produción de hidróxeno".

O secretario xeral do PSdeG, Valentín González Formoso, xunto ao delegado do Estado Consorcio Zona Franca Vigo, David Regades
O secretario xeral do PSdeG, Valentín González Formoso, xunto ao delegado do Estado Consorcio Zona Franca Vigo, David Regades | Fonte: RODRIGO PAZ

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 1 comentario

1 Gamela

Con esta tropa as Augas de Galicia non van durar moito... O responsable destas verteduras é o ínclito Delegado do Goberno na Zona Franca de Vigo, alias David Regades que gastou 10 millóns de euros na súa flamante sede no centro de Vigo onde se fixeron a fotografía... Mensaxe dirixido a Teresa Ribera > https://twitter.com/00Memoria/statu...