Por Galicia Confidencial | Compostela | 12/12/2014 | Actualizada ás 18:31
“Ningunha persoa pode pagar as súas carencias con ninguén, e menos cos seus compañeiros cos que convive día a día, nin co principal interesado, como é o responsable dun proxecto”. Este foi o breve comunicado que o director do magazine da TVG Boas Tardes, Miguel García, fixo ler a uns reporteiros.
Foi no programa que tivo lugar este xoves e que ía dirixido ao seu xa ex condutor, Luis Fraga, cesado por García por graves diferencias entre os dous. Algúns traballadores da TVG denuncian “presións” do director cara ao condutor.
“Non,non vos frotedes os ollos,estades vendo e escoitando ben. Este é o editorial que abriu o programa Boas Tardes da Galega o 11 de decembro de 2014. Nel faise unha clara alusión a un compañeiro e magnifico profesinal do xornalismo que tivo que deixar a presentación do programa polas presións do seu director: Miguel García "presticioso e reputado" profesinal da tv,aínda que eu que estou neste medio nunca oín falar de el.qué ignorancia!!. Levo 28 anos traballando na Televisión de Galicia e nunca vin un descrédito tan grave contra un traballador. Cómo un medio público pode darlle espazo e ,sobre todo,deixar is cartos dos contribuintes en mans destes elementos?. Ánimo Luís estamos contigo!”. Este era a mensaxe de FB que deixaba unha das traballadoras do TVG.
E o facía en relación ao acontecido no programa Bos Días do pasado 11 de decembro tal e como se pode ver aquí.
En Vigo, a 11 de diciembre de 2014:
Luis Fraga, o cesado, explicaba tamén a través das redes sociais, tanto en FB como en Twitter, o motivo do seu repentino cese.
Bueno, ya va siendo hora de dejar aquí la explicación que os prometí sobre mi ausencia en el programa Boas Tardes.
Quienes me conocéis sabéis la ilusión con la que me hice cargo de la presentación del programa, el pasado mes de agosto.
La decisión de dejar la presentación se debe exclusivamente a las diferencias de criterio con el director del espacio, evidentes desde el inicio de las emisiones e insalvables en la etapa final.
Quiero destacar la profesionalidad de todo el equipo del programa. Redactores, equipo técnico, estilismo, producción…Grandes compañeros y personas.
También quiero agradecer la confianza depositada en mí por parte de la Televisión de Galicia, de la productora Faro y de los espectadores del canal.
Además, deseo y sé que Silvia Jato conducirá el programa con la profesionalidad con la que siempre ha ejercido su trabajo.
También quiero agradeceros a vosotros, amigos de facebook, todo el cariño y apoyo que me habéis estado dejando en el muro y en mensajes privados que no puedo contestar por falta de tiempo.
Y que la vida sigue, que me encuentro bien, qué digo bien, me encuentro magníficamente bien en compañía de mi familia, pareja y amigos y que aquí tenéis a alguien que ahora busca nuevos retos profesionales (Atención empresarios de la Comunicación, ¡que me lo quitan de las manos, oiga!)
Segundo as fontes consultadas, o impacto do cese de Fraga e, sobre todo, ese editorial en directo nunha televisión pública fixeron que a dirección do ente público tomara cartas no asunto e decidira tamén cesar do seu posto a Miguel García.
García leva vinculado á TVG desde o 1999 cando chegou aos platós da man de Xosé Manuel Piñeiro, Superpiñeiro, a quen acompañou durante moitos anos nos seus programas. Pouco despois, comezou a dirixir o programa Acompáñenos, na produtora Faro, que é a que produce tamén o Boas Tardes e o que decidiu apartalo, polo momento, das súas función.
Nesa época tamén houbo críticas sobre a súa actitude cos traballadores. De feito, sendo Suso Iglesias director da TVG, durante o bipartito, presentouse á dirección un escrito asinado por 120 persoas no que se falaba do seu áspero carácter. A dirección do ente público decidiu apartalo, pero, despois de enfriados os ánimos, volveu a dirixir o mesmo magazine, tras a baixa por maternidade da que fora a súa substituta. Desde entón, continúa traballando na mesma productora en diferentes programas.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.