O director dun programa da TVG cesado tras criticar en directo ao seu presentador

Miguel García foi apartado do seu posto tras utilizar a televisión pública para criticar ao presentador Luis Fraga, a quen previamente cesara. "La decisión de dejar la presentación se debe exclusivamente a las diferencias de criterio con el director del espacio, evidentes desde el inicio de las emisiones e insalvables en la etapa final", explica o xa ex condutor do Boas Tardes

Por Galicia Confidencial | Compostela | 12/12/2014 | Actualizada ás 18:31

Comparte esta noticia

“Ningunha persoa pode pagar as súas carencias con ninguén, e menos cos seus compañeiros cos que convive día a día, nin co principal interesado, como é o responsable dun proxecto”. Este foi o breve comunicado que o director do magazine da TVG Boas Tardes, Miguel García, fixo ler a uns reporteiros.

O presentador Luis Fraga con parte dos seus compañeiros do Boas Tardes
O presentador Luis Fraga con parte dos seus compañeiros do Boas Tardes

Foi no programa que tivo lugar este xoves e que ía dirixido ao seu xa ex condutor, Luis Fraga, cesado por García por graves diferencias entre os dous. Algúns traballadores da TVG denuncian “presións” do director cara ao condutor.

“Non,non vos frotedes os ollos,estades vendo e escoitando ben. Este é o editorial que abriu o programa Boas Tardes da Galega o 11 de decembro de 2014. Nel faise unha clara alusión a un compañeiro e magnifico profesinal do xornalismo que tivo que deixar a presentación do programa polas presións do seu director: Miguel García "presticioso e reputado" profesinal da tv,aínda que eu que estou neste medio nunca oín falar de el.qué ignorancia!!. Levo 28 anos traballando na Televisión de Galicia e nunca vin un descrédito tan grave contra un traballador. Cómo un medio público pode darlle espazo e ,sobre todo,deixar is cartos dos contribuintes en mans destes elementos?. Ánimo Luís estamos contigo!”. Este era a mensaxe de FB que deixaba unha das traballadoras do TVG.

E o facía en relación ao acontecido no programa Bos Días do pasado 11 de decembro tal e como se pode ver aquí.

Publicado by Rosa Fernandez Ossorio.

En Vigo, a 11 de diciembre de 2014:

Luis Fraga, o cesado, explicaba tamén a través das redes sociais, tanto en FB como en Twitter, o motivo do seu repentino cese.

Bueno, ya va siendo hora de dejar aquí la explicación que os prometí sobre mi ausencia en el programa Boas Tardes.

Quienes me conocéis sabéis la ilusión con la que me hice cargo de la presentación del programa, el pasado mes de agosto. 

La decisión de dejar la presentación se debe exclusivamente a las diferencias de criterio con el director del espacio, evidentes desde el inicio de las emisiones e insalvables en la etapa final.

Quiero destacar la profesionalidad de todo el equipo del programa. Redactores, equipo técnico, estilismo, producción…Grandes compañeros y personas. 

También quiero agradecer la confianza depositada en mí por parte de la Televisión de Galicia, de la productora Faro y de los espectadores del canal.

Además, deseo y sé que Silvia Jato conducirá el programa con la profesionalidad con la que siempre ha ejercido su trabajo.

También quiero agradeceros a vosotros, amigos de facebook, todo el cariño y apoyo que me habéis estado dejando en el muro y en mensajes privados que no puedo contestar por falta de tiempo.

Y que la vida sigue, que me encuentro bien, qué digo bien, me encuentro magníficamente bien en compañía de mi familia, pareja y amigos y que aquí tenéis a alguien que ahora busca nuevos retos profesionales (Atención empresarios de la Comunicación, ¡que me lo quitan de las manos, oiga!)

Segundo as fontes consultadas, o impacto do cese de Fraga e, sobre todo, ese editorial en directo nunha televisión pública fixeron que a dirección do ente público tomara cartas no asunto e decidira tamén cesar do seu posto a Miguel García.

García leva vinculado á TVG desde o 1999 cando chegou aos platós da man de Xosé Manuel Piñeiro, Superpiñeiro, a quen acompañou durante moitos anos nos seus programas. Pouco despois, comezou a dirixir o programa Acompáñenos, na produtora Faro, que é a que produce tamén o Boas Tardes e o que decidiu apartalo, polo momento, das súas función.

Nesa época tamén houbo críticas sobre a súa actitude cos traballadores. De feito, sendo Suso Iglesias director da TVG, durante o bipartito, presentouse á dirección un escrito asinado por 120 persoas no que se falaba do seu áspero carácter. A dirección do ente público decidiu apartalo, pero, despois de enfriados os ánimos, volveu a dirixir o mesmo magazine, tras a baixa por maternidade da que fora a súa substituta. Desde entón, continúa traballando na mesma productora en diferentes programas.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 12 comentarios

6 Foumán

Non se pode xulgar a calidade dun profesional pola lingua que usa, pero si a calidade humana e moral dun xornalista que vivía grazas á TVG, isto é, á televisión que existe porque existe a autonomía. Aínda que o réxime autonómico non nos satisfaga, non sei se este señor sabe que cousas pasaron para que se dese tal cousa.

5 Lirik

Na TVG ha uns quantos que nom e que tratem moi bem aos companheiros, este tinha que ser boa peça pra que lhe fixeram o escrito, mas nom creio que supere a algum da empresa privada, ha moito tolo metido na telegaita.

4 Leike

O "galego" que falan esa parella de "presentadores" ten letra e música de televisión racialmente españólica, de "revista del corazón". E o "ex"queda claro que "lo del gallego" era "solo cuando es una exigencia del guión". Como dixo unha vez o citado SP cando nunha bar dunha vila galega a rapaciña que servía se estrañou de que non falaba en galego: "¡Oyes, chica, yo hablo en gallego solo cuando me pagan!" Debe ser deles dos que fala Feixóo cando di que nunca se aprendeu tanto galego como agora. Gracioas a la Gunta!

1 Yolo

Si, o SP andava soltando por ai que o BNG pagaralhe por ir a fazer bulto a actos politicos e soltava lixo quando podia de todo o que nom fora PP e heterosexualidade. Umha pena, e um caso de auto-odio moi esaxerado, e quando pode actua de forma de machote diante de mulheres xD, si, claro, ninguem sabe a que vas ao Algarve, o neno pensa que seguimos nos 60's. Triste, moi triste.

3 galegoexiliado

Aguanta Miguel. Se fuerte. Wert estará moi orgulloso do teu nivel cultural. E ainda din que a tele mais vista do mundo, preocupante.

2 carro

Outro coma Luis Rial.