Os casos activos de coronavirus descenden a 764 e mantéñense os hospitalizados

A baixada prodúcese tras varias xornadas en ascenso

Por E.P. | Santiago de Compostela | 20/02/2023 | Actualizada ás 12:44

Comparte esta noticia

Galicia rexistra este luns un descenso nos casos activos de coronavirus, tras varias xornadas en ascenso, aínda que os hospitalizados mantéñense na liña de días anteriores.

En concreto, segundo os datos do último informe do Sergas, con cifras ata as 18,00 horas do domingo, hai na comunidade 764 casos activos, fronte aos 814 da tarde do venres. Nas últimas 24 horas detectáronse 45 positivos.

En canto aos hospitalizados, hai 167, un deles na UCI na área sanitaria de Ourense. A cifra supón sete pacientes hospitalizados máis que os que reflectía o último informe da Xunta.

Por áreas sanitarias, a que ten máis casos activos é a da Coruña, con 165, seguida de Santiago, con 130, Lugo, con 126, e Ourense, con 105. Por baixo da centena están Vigo, con 93, Pontevedra, con 83 e Ferrol, con 62.

Nos hospitais, hai 36 pacientes na área sanitaria da Coruña, 29 na de Pontevedra, 28 na de Lugo, 22 na de Santiago, 21 na de Ourense, 16 na de Vigo e 15 na área sanitaria de Ferrol.

Un neno recibe a vacina contra o Covid-19
Un neno recibe a vacina contra o Covid-19 | Fonte: Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta