A importancia da educación sexual nos centros educativos

O Concello de Allariz oferta dende hai varios anos un ciclo de educación sexual para alumnado de Primaria e da ESO. Este ano tamén se realizou un obradoiro para profesorado de Primaria.

Por Galicia Confidencial | Allariz | 19/03/2023 | Actualizada ás 09:00

Comparte esta noticia

Entre o mes de febreiro e principios de marzo, deenvolveuse o ciclo de educación sexual que o Concello de Allariz oferta dende hai varios anos, para os cursos de 6º de Primaria do Colexio Padre Feijoo, e 2º e 4º da ESO do IES de Allariz. Este ano como novidade realizouse un obradoiro para profesorado de primaria.

Actividades escolares no ciclo de educación sexual. Foto: Concello de Allariz.
Actividades escolares no ciclo de educación sexual. Foto: Concello de Allariz.

O ciclo impartiuno a educadora familiar do concello, e tiña como finalidade traballar, a partir de intervencións curtas, contidos da disciplina sexolóxica relacionados coa puberdade e a adolescencia. A idea dos ciclos de educación sexual foi acuñada por Efigenio Amezúa, e nesta ocasión fai referencia a tres sesións para cada un dos grupos, onde se traballou contidos relacionados co feito de ser sexuados e sexuadas, e as implicacións que ten para nós e para as relacións que establecemos, é dicir, para a convivencia.

Nesta formación reflexionouse sobre os cambios nos corpos e nas relacións derivados deste momento biográfico, e introducíronse ideas que aportaron un maior coñecemento para axudar a un mellor entendemento de cousas que nos poden pasar, e que inflúen no mozo/a. Ideas como o feito de ser sexuados e diferentes, as ideas de amizade, do gusto polo outro/a, das ideas de parellas, etc.

Os contidos foron traballados dende unha actitude comprensiva e de cultivo, entendendo e valorando a diferenza e cultivando así a convivencia, obxectivo final deste tipo de intervencións.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 1 comentario

1 Moine

Há anos tentou-se dar aulas de educaçom sexual, umha seita denominada eireja católica berrou como umha possuída pola raiva contra todos aqueles contidos que ajudassem a gente nova na sua puberdade e adolescência a entender a sua mudança cara a madureza sexual. Como o Estado espanhol é umha colónia vaticana, acatou o que lhe ditou a monarquia sacerdotal do Vaticano.