Oito de cada dez nais galegas teñen máis de 30 anos e un 14% supera os 40

Só un 14,5% das nais galegas tiña entre 25 e 29 anos en 2021. O número de nacementos foi de 14.787 bebés, un 3,02% menos

Por Europa Press / Redacción | Galicia | 24/03/2023 | Actualizada ás 12:29

Comparte esta noticia

Oito de cada dez nais galegas tiña 30 anos ou máis no momento de ter o seu fillo, mentres que un 14,4% superaba os 40 anos en 2021, segundo datos do informe de Movemento natural da poboación publicado este venres polo Instituto Galego de Estatística (IGE).

Dez anos antes, a porcentaxe de nacementos nese grupo de idade (30 ou máis) era do 74,9%, mentres que as nais de máis de 40 anos representaban o 6,7% de total en Galicia en 2011.

Entre outras cifras, só un 14,5% das nais galegas tiña entre 25 e 29 anos en 2021 e case un 5%, entre 20 e 24. As embarazadas entre os 15 e os 19 anos só representaban o 1% do total en 2021.

O informe do IGE recolle outros datos, como que o número de nacementos foi de 14.787 bebés, un 3,02% menos que en 2020. Case oito de cada dez nenos naceron nas provincias da Coruña e Pontevedra. As defuncións ascenderon a 32.853 persoas.

En canto aos matrimonios, Galicia contabilizou 8.481 en 2021, un 51% máis que un ano antes (2020 marcado pola pandemia). Deste total, 176 foron unións entre persoas do mesmo sexo, representando un 2% do total.

Embarazada
Embarazada | Fonte: Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta