Globos contra o barco da rotonda de Vigo

A Asemblea Aberta de Coia convoca unha concentración diante do Concello para protestar, con globos, contra a instalación do buque Alfageme nunha rotonda deste barrio.

Por Galicia Confidencial | Vigo | 09/02/2015 | Actualizada ás 09:00

Comparte esta noticia

Globos contra barcos en rotondas. É o xeito que ten a  Asemblea Aberta de Coia para protestar pola instalación do buque Bernardo Alfageme nunha rotonda deste barrio vigués. 

Fotomontaxe de como quedará o Bernardo Alfageme na rotonda de Coia
Fotomontaxe de como quedará o Bernardo Alfageme na rotonda de Coia

Por iso, e baixo o lema "Globos contra o barco na rotonda", concéntranse a partires das 11:00 diante do Concello de Vigo. “Centenas de globos servirán para dicirlle, moi clariño, ao alcalde algo que a veciñanza non quere o barco na rotonda de Coia”, apuntan nun comunicado.

O seu obxectivo é mandar as súas reivindicacións “de máis dereitos sociais” ás nubes. “Berraremos ben forte que Xurxo somos todas! Caballero ordena e a poli mente!”, apuntan en alusión a un dos veciños sancionados por participar nas protestas.

Un grupo dos veciños subirá ao pleno mentres que outros quedarán ás portas do Concello preparando uns globos. “Serán a nosa ferramenta para visualizar a nosa loita polos dereitos sociais e contra obras sen sentido coma chantar un barco nunha rotonda mentres miles de viguesas sofren con crueza o empobrecemento”. Apunta a entidade. 

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 1 comentario

1 Gamela

Xa estamos fartos de vivir en AbelCity // López Font, concelleiro de Seguridade, é responsable das mentiras que poden levar a este rapaz á prisión e a pagar 1200 euros // A Historia Interminable // http://cabozo.com/taboext.php?grupo...