Recorren a resolución da Xunta de deixar a máis de 700 humidais fóra do inventario galego

Ecoloxistas en Acción sinala que os humidais son indispensables polos innumerables beneficios ou "servizos ecosistémicos"

Por Galicia Confidencial | VIGO | 14/04/2023 | Actualizada ás 11:45

Comparte esta noticia

Ecologistas en Acción presentou un recurso de alzada solicitando a revisión da resolución da Dirección Xeral de Patrimonio Natural respecto ao Inventario de zonas húmidas de Galicia e solicita a inclusión de máis 700  humidais (Turbeiras, brazáis, brañas, lagoas,...) que non foron recollidos nesta actualización do inventariado.

Mapa de humedais da Xunta
Mapa de humedais da Xunta | Fonte: xunta.gal

A organización ecoloxista resalta que este inventariado é unha ferramenta imprescindible para a planificación e protección do patrimonio natural. Por iso alertan que, sen razón aparente, quedaron fóra deste rexistro centos de zonas húmidas e sinalan que o Instituto de Biodiversidade Agraria e Desenvolvemento Rural (IBADER) ten inventariados máis de mil cen zonas húmidas.

Ecoloxistas en Acción sinala que os humidais son indispensables polos innumerables beneficios ou "servizos ecosistémicos" que brindan á humanidade, desde subministración de auga doce, alimentos  e biodiversidade, ata o control de crecidas, recarga de augas subterráneas e mitigación do cambio climático. Subliñan que, con todo, un estudo tras outro demostra que a superficie e a calidade dos humidais seguen diminuíndo ano tras ano na maioría de rexións do mundo. "En consecuencia, os servizos dos ecosistemas que os humidais proporcionan ás persoas atópanse en perigo", di. 

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta