Deputación da Coruña e Concello de Betanzos esixen á Xunta implicarse na recuperación do parque do Pasatempo

O presidente da Deputación, Valentín González Formoso, resaltou que a Xunta ten competencias en conservación de patrimonio pero "non colabora" na recuperación deste parque.

Por E.P. | A CORUÑA | 18/04/2023 | Actualizada ás 19:58

Comparte esta noticia

A Deputación da Coruña e o Concello de Betanzos esixiron á Xunta que se implique na recuperación do parque do Pasatempo.

Nunha visita ao mesmo, xunto á alcaldesa, María Barral, o presidente provincial, Valentín González Formoso, sostivo que a Xunta ten as competencias en conservación do patrimonio, pero sostivo que "non colabora" na recuperación dese parque.

"A Xunta non está nin se lle espera, conta cun orzamento de 13.000 millóns contra 200 millóns da Deputación e non puxo nin un só céntimo de euro para que os veciños de Betanzos e os visitantes volvan gozar deste parque", sentenciou.

O presidente provincial realizou estas manifestacións ao visitar, xunto á rexedora, o final das obras de rehabilitación do estanque do Retiro.

O parque Pasatempo en Betanzos. Recuperado de 'Galicia pueblo a pueblo'
O parque Pasatempo en Betanzos. Recuperado de 'Galicia pueblo a pueblo'

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta