Obradoiros Arqueopeques, como achegar a arqueoloxía ás crianzas

Comezan os traballos para a recuperación e a posta en valor do sitio arqueolóxico de Valencia do Sil.

Por Galicia Confidencial | Santiago de Compostela | 06/06/2023 | Actualizada ás 10:00

Comparte esta noticia

Os traballos no asentamento de Valencia do Sil (Ourense) retomaránse e, nesta ocasión, ás escavacións anuais tamén o acompañarán as tarefas de consolidación e posta en valor do ben arqueolóxico. Todo isto grazas á iniciativa do Concello de Vilamartín de Valdeorras, a Asociación Científica Sputnik Labrego xunto á empresa Tempos Arqueólogos e a Universidade de Santiago de Compostela.

Traballos Valencia do Sil
Traballos Valencia do Sil | Fonte: Sputniklabrego.com

Como novidade, esta vez os traballos centraranse noutras zonas inexploradas do lugar, realizándose novas escavacións arqueolóxicas en diferentes puntos do sitio que permiten observar os límites do xacemento, así como a importancia deste enclave tardorromano. “As catas arqueolóxicas propostas permitirán observar a complexidade do sitio e a existencia doutros barrios asociados á vida cotiá vinculada ao final do Imperio romano”, indica Carlos, director da intervención.

Para estes traballos tamén se terá o apoio da Universidade de Santiago de Compostela a través da escola de prácticas do Máster de Arqueoloxía. “Como cada ano o alumnado do máster participará a través do convenio entre o Concello de Valdeorras e a Universidade”, indica Celtia Rodríguez, co-directora da intervención. “O Castelo é un referente arqueolóxico”, engade Tejerizo. “Algúns dos alumnos de prácticas volveron ao xacemento anos máis tarde para ver os avances e visitar a zona, que lembran con moito cariño”.

Ademáis, este ano, o grupo Sputnik Labrego vai incorporar unha nova modalidade de divulgación dos traballos. “Durante os traballos desenvolvemos os Obradoiros de Arqueopeques, que permiten aos máis pequenos achegarse dunha maneira directa co patrimonio e ca arqueoloxía”, indica Celtia. 

O equipo arqueolóxico invita a asistir a todo aquel interesado nestes traballos que comezan o día 12 de xuño e continuarán ata o 30 do mesmo mes. O horario de visita é de luns a venres de 10 da mañá a 16h da tarde

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta