O Plan de Recuperación, o motivo dunha carta de queixa conxunta dos candidatos do PP

Entre as queixas atópase a falta de diálogo, a dificultade que conlevará o 23X e a falta de negociación por parte de Nadia Calviño.

Por E.P. | Santiago de Compostela | 07/06/2023 | Actualizada ás 12:50

Comparte esta noticia

Os gobernos autonómicos do PP, entre eles o galego, e candidatos rexionais 'populares' nos comicios do 28 de maio remitiron este mércores unha carta á vicepresidenta primeira, Nadia Calviño, queixándose da aprobación da Adenda ao Plan de Recuperación e alertando de que o escenario electoral non é o máis propicio para asumir as obrigacións que levan aparelladas a recepción de máis de 94.000 millóns de euros de fondos europeos.

A misiva, á que tivo acceso Europa Press, está asinada polos conselleiros de Facenda das comunidades autónomas gobernadas polo PP, así como polos candidatos rexionais que teñen posibilidade de formar Executivo. Neste escenario, advirten de que os cambios nos gobernos autonómicos e as eleccións xerais, "que poden dar lugar a un cambio de Goberno de España", non é o contexto que, baixo o seu punto de vista, "reúna as condicións mínimas para propor unha programación de calado".

QUEIXAS XERAIS

A falta de diálogo é a queixa máis reptida entre os candidatos do PP, e acusan a Nadia Calviño de non ter en conta ningunha das súas propostas. Ademais, aseguran que as CCAA "non tiveron ningún proceso de consultas real e efectivo para poder realizar as achegas ao proxecto", reprochándolle á súa vez que, segundo din, Calviño non deixase espazo para iso nas conferencias sectoriais.

Adicionalmente, aproveitan a misiva para reprochar ao Goberno central que a xestión dos fondos 'Next Generation UE' "non marcha ben". "Aínda estás a tempo de evitar, co tramo de préstamos, que se repitan estes erros. Pedímosche, para iso, que inicies un verdadeiro proceso de negociación no que podamos presentar e defender as nosas propostas e tomar, entre todos, unha decisión sobre como se ha de presentar a Adenda", finaliza a carta.

O presidente do Partido Popular
O presidente do Partido Popular | Fonte: Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta