O audiovisual galego reinvéntase

É o terceiro ano no que analiso, o día despois dos “Mestre Mateo”, a situación deste sector estratéxico da nosa economía, malia que a Xunta do PP non acredite nesta cualidade. No 2013 e 2014 falei do “afogo do audiovisual galego” e agora fágoo da reinvención deste sector. Que pasou de novo?.

Por X.A. Pérez-Lema | A Coruña | 12/04/2015

Comparte esta noticia
O audiovisual galego perdeu máis de dous mil empregos durante a Grande Recesión e chegou a níveis do 60% do desemprego. O IVE cultural e a neglixente actitude dun Feijóo ancorado nunha suicida austeridade case liquidan ao sector. Mais a grande capacidade técnica e profesional da industria audiovisual galega seguiu a xerar novos produtos e novas linguaxes. Ben era verdade que con grandes atrancos canto á distribución, malia a grande afección do público galego ás súas producións.
 
Mais o sector está a adoptar unha potente estratexia de internacionalización que permite mellorar esta distribución e que as nosas historias e produtos audiovisuais sexan coñecidas alén do noso País. E mira cada vez máis cara ao que escolle e paga: o público. Velaí A Esmorga de Ignacio Vidal: 80.000 espectadores na Galicia, das resultas non só de 15 semanas nas salas de proxección das grandes vilas, senón dunha agresiva distribución nos centros socioculturais e outros pontos análogos. O 8 de maio estréase fóra de Galicia, en Barcelona, Madrid, Euskadi e Navarra. E axiña estará no Reino Unido e noutros países da Europa. 
 
A industria audiovisual galega precisa do motor da nosa TVG. Esa TVG que definiu Marga Pazos,  “Mestre Mateo” á mellor comunicadora televisiva, como as canles que“teñen como propietarios aos cidadáns”. Unha TV pública que ten como misións sobranceiras a normalización lingüística e cultural e a dinamización da industria audiovisual do País.
 
A arrincadeira.- “A Esmorga” e “Os Fenómenos”
 
Os grandes trunfadores dos premios “Mestre Mateo” foron “A Esmorga”  e “Os Fenómenos” (que acadou os premios á mellor longametraxe, dirección e guión). Dous grandes produtos, mais chocou que “A Esmorga”, récord de público, non gañase o agasallo á mellor longametraxe. Outravolta semella que en determinados  ámbitos profesionais opínase distinto ao público. E, sendo iso normal en Hollywood,  non estou tan certo que sexa bó para  unha industria convalecente como é  a audiovisual galega.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Xoán Antón Pérez Lema Licenciado en Dereito e graduado en Administración de Empresas. Leva exercendo a avogacía máis de vinte anos e dirixe o seu propio despacho n’A Coruña, con nomeada adicación ao Dereito Administrativo e Mercantil . Foi profesor da Escola de Práctica Xurídica do Colexio de Avogados coruñés e da Facultade de Ciencias Sociais da Universidade de Vigio. Arestora imparte a docencia no primeiro programa de asesoría xurídica de empresa que se desenvolve en Galicia, no Instituto de Finanzas e Formación Empresarial (IFFE).Publicou varios traballos sobre temática xurídica. Foi xefe de gabinete do Conselleiro da Presidencia Pablo González Mariñas, sendo Presidente Fernando González Laxe e secretario xeral de Relacións Institucionais na Vicepresidencia da Xunta ás ordes de Anxo Quintana (2007-2009). Fpoi asesor xurídico do Consello da Xuventude de Galicia (1991-1997) e tivo unha intensa actividade na defensa penal de obxectores e insumisos até que se acadou a supresión do servizo militar obrigatorio. Colaborador da Radio Galega e da TVG e de varios xornais, revistas e emisoras de Radio e TV galegas.