A necesidade do emprendemento

É unha realidade doadamente constatábel, malia que quizais non xeralmente coñecida, que o emprendemento empresarial nunca tivo boa acollida no Estado español.

Por X.A. Pérez-Lema | A Coruña | 19/04/2015

Comparte esta noticia
A aristocracia castelá e a Igrexa da Contrarreforma nunca ollaron positivamente cara o emprendemento. Xa na época contemporánea, as grandes elites económico-financeiras do Estado sempre pularon polo proteccionismo alfandegario e polos negocios regulados dende o Poder, priorizando o o cultivo das influencias políticas a respecto da inovación. Neste contexto, o emprendedor que non acreditaba na mera busca de rendas dende as súas relacións privilexiadas percébese con desinterese, cando non con baerta desconfianza. “Al amigo el c..., al enemigo por el c... y al indiferente, la legislación vigente”, contan as lendas urbanas que dicía o conde de Romanones, resumindo o sentir das elites político-financeiras, da casta, naquela España de primeiros do século XX. 
 
Contrasta este clima español co desenvolvido noutros territorios da Europa, acolledores a respecto de quen arriscaba os seus medios e posición por un proxecto empresarial. Foron éstas, pois, as sociedades, como nos aprendeu Schumpeter, que progresaron dende a avaliación do risco, da seguranza xurídica e do cumprimento das regras do xogo. Porque o aprezo polo emprendedor vai na Europa sempre unido á legalidade reguladora da libre concorrencia e ao sentimento de pertenza á comunidade. 
 
Na Galicia dos últimos corenta anos e a níveis locais tense dado moito, tamén, a desconfianza cara ás persoas, máis  ou menos novas, que tentaban mellorar a súa contorna con proxectos empresariais que seica non eran do gosto das elites territoriais correspondentes, sempre atentas a que non se movera nada que non puideran controlar.”Que vides facer aquí”, “como non avisastes que queríades comprar iso”...son expresións anecdóticas que todos temos escoitado.
 
Velaí a realidade actual, na que se confunden os emprendedores cos falsos autónomos (realidade que xurde da desregulación laboral) e cos buscadores de rendas a carón do Poder. Cando a cultura emprendedora tería de ser coidadosamente cultivada na Galicia, que habería ser (dende o rigoroso respecto á legalidade fiscal, laboral e ambiental) o país europeo onde máis doado fose crearmos unha empresa.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Xoán Antón Pérez Lema Licenciado en Dereito e graduado en Administración de Empresas. Leva exercendo a avogacía máis de vinte anos e dirixe o seu propio despacho n’A Coruña, con nomeada adicación ao Dereito Administrativo e Mercantil . Foi profesor da Escola de Práctica Xurídica do Colexio de Avogados coruñés e da Facultade de Ciencias Sociais da Universidade de Vigio. Arestora imparte a docencia no primeiro programa de asesoría xurídica de empresa que se desenvolve en Galicia, no Instituto de Finanzas e Formación Empresarial (IFFE).Publicou varios traballos sobre temática xurídica. Foi xefe de gabinete do Conselleiro da Presidencia Pablo González Mariñas, sendo Presidente Fernando González Laxe e secretario xeral de Relacións Institucionais na Vicepresidencia da Xunta ás ordes de Anxo Quintana (2007-2009). Fpoi asesor xurídico do Consello da Xuventude de Galicia (1991-1997) e tivo unha intensa actividade na defensa penal de obxectores e insumisos até que se acadou a supresión do servizo militar obrigatorio. Colaborador da Radio Galega e da TVG e de varios xornais, revistas e emisoras de Radio e TV galegas.