Ciudadanos tira de ex cargos de PP e UpyD nas súas listas

Un ex concelleiro do PP liderará a lista en Santiago, mentres que na Coruña será o ex candidato do partido de Rosa Díez. A formación de Albert Rivera agarde que todos os cargos que marcharon de UpyD se presenten polas súas siglas.

Por Galicia Confidencial | A Coruña | 21/04/2015 | Actualizada ás 11:55

Comparte esta noticia

Ciudadanos iniciou unha carreira contrareloxo para tentar presentar listas en todas as grandes cidades galegas aproveitando a espantada dos cargos de UpyD, moitos dos que xa amosaron a súa intención de pasarse ás filas do partido de Albert Rivera. Pero, nesta carreira tamén está contando con ex dirixentes populares, como é o caso do avogado Javier Sánchez Agostino, ex concelleiro do PP na capital galega até 2011, que será o candidato de Ciudanos nas eleccións municipais do próximo mes de maiom en Santiago.

Albert Rivera, líder de Ciudadanos
Albert Rivera, líder de Ciudadanos | Fonte: burbuja.info

Precisamente, ese mesmo luns, o presidente galego modificaba substancialmente o seu discurso e dicía que lle gustaba o “discurso” de Ciudadanos e que podería pactar con este partido se o seu partido non acada a maioría absoluta nos comicios.

Javier Sánchez Agostino, militante popular, aceptou liderar a lista en Santiago porque lle ofreceron un "proxecto sólido e solvente" co que conseguiron contaxiarlle "a ilusión". E, a pesar de ter militado moitos anos no Partido Popular, criticou ás formacións "tradicionalistas" por facer especulacións ventaxistas" e querer atribuír a Cidadanos unha “especie de etiqueta de lista B” do Partido Popular. "Queren etiquetarnos. Se é o único discurso cando o importante son as propostas están no furgón de cola da política", dixo.

Pola súa banda, Santiago Folla-Cisneros, excandidato de UPyD e que causou baixa a semana pasada nesta formación política, encabezará a lista de Cidadanos á Alcaldía da Coruña. E, o mesmo pode acontecer cos dirixentes do partido de Rosa Díez que se deron de baixa en Arteixo, Cambre, Culleredo e Sada xa que Ciudadanos está tentando que se presenten baixo as súas siglas, igual que ao ex líder de UpyD en Ourense.

Folla-Cisneros sostivo ante os medios que o seu partido é "a terceira vía e a opción de centro deste país", cun programa e un ideario que comparte cousas “coa esquerda e a dereita".

O presidente de Cidadáns, Albert Rivera, mostrouse confiado o sábado en que podería formar candidaturas da formación en todas as capitais de provincia e dixo que é “coherente” incorporar a persoas doutros partidos, porque “no seu día tiña as portas abertas para quen compartise o seu mesmo ideario e valores,  viñera dee UPyD ou de onde fose".

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 1 comentario

1 eusi

E proximamente veremos algún do Bnjajaja