O PPdeG pide ao Goberno as competencias en permisos de traballo e residencia para migrantes

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 24/06/2025 | Actualizada ás 20:16

Comparte esta noticia

O Grupo Parlamentario Popular presentou este martes ante o Pleno unha proposición non de lei para que a Xunta de Galicia reclame a transferencia das competencias en materia de permisos de residencia e de traballo para migrantes.

Segundo aseguraron, os trámites para que unha persoa poida vir a Galicia a traballar "seguen atrancados, meses e meses". "Atrasos nos permisos de traballo, non se resolven solicitudes de residencia, non se reforzan os servizos públicos e, así, as demandas do tecido produtivo continúan sen atenderse", lamentou.

E é que consideran que no canto de atender este problema, "o PSOE está a outra cousa: a facerse pasar por inocentes despois de sete anos man a man con Ábalos, con Cerdán e con Koldo". "É un insulto o que están a facer aos cidadáns", sinalou, apuntando tamén á "complicidade" do BNG.

Varios inmigrantes desprazados desde Canarias nun albergue do Porriño
Varios inmigrantes desprazados desde Canarias nun albergue do Porriño | Fonte: Javier Vázquez - Europa Press

OPOSICIÓN

Pola súa banda, o grupo socialista afeou aos populares desviar o foco da PNL e aplicar unha política de "confrontación", criticando que falen de corrupción "cando teñen case 30 causas pendentes, os que martilleaban discos duros e os formateaban 35 veces". Ademais, recriminou que os populares traian esta proposta agora, "evidencia da súa propia inacción", cando os socialistas, apuntan, "levan anos alertando" da falta de man de obra en Galicia.

Con todo, e a pesar de rexeitar os populares a emenda socialista, o PSdeG avanzou o seu voto a favor da iniciativa. Na mesma liña expresouse o grupo nacionalista, que censurou aos populares por falar dos estranxeiros "só como traballadores, como man de obra, esquecendo por copleto que son persoas, en moitos casos, en situación de vulnerabilidade que, por xustiza social, humanidade, mesmo pola historia do noso pobo, debemos atender".

Ademais, sorprendéronse de que "tras 16 anos sen ningunha transferencia", a Xunta mostre agora "un furor soberanista" que o BNG "vería con satisfacción e optimismo se fose sincero". "Pero realmente o que vemos é que simplemente solicitudes puramente cosméticas", apuntaron.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta