O PSdeG reclama revisar o sistema de prevención contraindencios e o PP defende a súa "profesionalidade"

A deputada socialista Carmen R. Dacosta, encargada de defender esta iniciativa, insistiu en que os incendios de verán "non se apagan en agosto", senón en "inverno e na primavera". "Seguimos tendo rozas que se activan en xullo

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 24/06/2025 | Actualizada ás 19:37

Comparte esta noticia



O PSdeG propuxo este martes unha iniciativa no Parlamento que demandaba, entre outras cousas, levar a cabo os traballos de prevención de incendios forestais antes de xullo de cada ano e realizar plans de autoprotección e evacuación para todas as aldeas en zonas de risco, que o PPdeG rexeitou ao considerar que o sistema "nunca foi tan único, tan estable, tan profesionalizado e tan equipado".

A deputada socialista Carmen R. Dacosta, encargada de defender esta iniciativa, insistiu en que os incendios de verán "non se apagan en agosto", senón en "inverno e na primavera". "Seguimos tendo rozas que se activan en xullo. Isto non é prevención, é propaganda", subliñou.

En concreto, a moción pedía instar á Xunta a que leva a cabo os traballos de prevención de incendios antes de xullo de cada ano, actuando con preferencia nas zonas de maior risco de incendios forestais, presentando un informe no Parlamento unha vez finalizadas as actuacións con actuación e orzamento dedicado por distrito.

Tamén reclamaba desenvolver unha estratexia ante o risco de incendios convectivos tendo como base un mapa de combustibles actualizado, que será presentada no Parlamento de forma urxente e un plan de educación ambiental e de concienciación da cidadanía con actuacións pormenorizadas por distrito forestal, así como realizar plans de autoprotección e evacuación para todas as aldeas, coa colaboración dos concellos e os servizos de emerxencias locais e comarcais e a poboación implicada.

Neste contexto, a deputada do BNG Montse Valcárcel apelou a realizar "unha escoita activa" e reprochou que "os principais problemas" dos montes galegos son "a falta de control da biomasa" e os monocultivos "mal xestionados".

Pola súa banda, o popular Ángel Rodríguez Conde defendeu que "nunca antes" o servizo de prevención de incendios forestais de Galicia foi "tan único, tan estable, tan profesionalizado e tan equipado".

Nesta liña, lembrou algunhas das cuestións incluídas no Plan de prevención e defensa contra os incendios forestais (Pladiga) no que, apuntou, "actualízase anualmente a lista e o mapa de parroquias de alta actividade incendiaria para poder establecer mecanismos máis adecuados na loita contra os incendios forestais".

Tamén fixo referencia a medidas como os 5,4 millóns de euros de axudas para previr os danos causados por incendios ou desastres naturais en montes de agrupacións forestais de xestión conxunta, como en montes veciñais en mancomún.

Pleno do Parlamento de Galicia. PARLAMENTO
Pleno do Parlamento de Galicia. PARLAMENTO | Fonte: Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta