Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 01/08/2023 | Actualizada ás 17:36
A conselleira de Infraestruturas, Ethel Vázquez, supervisou este martes a finalización das obras dunha senda peonil na estrada AC-301, no municipio de Rois, tras un investimento de 726.000 euros da Xunta.
A senda comeza na contorna das naves do polígono industrial de Padrón e conecta con rúas existentes no núcleo de Rois ao longo dunha vía que rexistra un elevado tránsito a pé. O itinerario dispón dun ancho de dous metros ao longo de todo o percorrido co fin de garantir a accesibilidade. Está realizado con formigón reforzado.
Acompañada do alcalde Rois, Ramón Tojo (PP), a conselleira avanzou que no outono se iniciarán as obras de mellora da seguridade e accesibilidade de sete paradas de autobús no municipio, no marco dun contrato maior por importe de 1,8 millóns co que se actuará en máis de 60 paradas de seis municipios da zona.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.