Nace a Rede Galega de Tecnoloxías Cuánticas para avanzar no liderado galego nesta área

A Xunta presentou este mércores a Rede Galega de Tecnoloxías Cuánticas, da que forman parte as Consellerías de Economía, Industria e Innovación e de Sanidade, así como a Amtega, as tres universidades galegas e varios centros tecnolóxicos, e que ten como finalidade establecer unha rede de colaboración para facilitar o desenvolvemento e liderado galego neste ámbito.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 06/09/2023 | Actualizada ás 15:59

Comparte esta noticia

A Xunta presentou este mércores a Rede Galega de Tecnoloxías Cuánticas, da que forman parte as Consellerías de Economía, Industria e Innovación e de Sanidade, así como a Amtega, as tres universidades galegas e varios centros tecnolóxicos, e que ten como finalidade establecer unha rede de colaboración para facilitar o desenvolvemento e liderado galego neste ámbito.

A rede, á que se sumaron o Cesga, o Clúster TIC, os 'hubs' de innovación DIHGIGAL e DATAlige, o centro tecnolóxico Gradiant, o Fujitsu International Quantum Center e o Centro de Tecnoloxías Fotónicas (Aephos), pretende impulsar un ecosistema completo de coñecemento e industrial ao redor destas tecnoloxías, mellorando as capacidades de Galicia e favorecendo a súa aplicación no tecido empresarial.

Esta iniciativa enmárcase no Polo de Tecnoloxías Cuánticas de Galicia e súmase a outras actuacións, como o ordenador cuántico do Cesga, o Quantum Communication Center da Universidade de Vigo e o International Quantum Center de Fujitsu, a participación no Plan Complementario de Comunicación Cuántica e o Máster Interuniversitario de Cuántica do Sistema Universitario de Galicia.

No acto de presentación, a directora da Axencia Galega de Innovación (GAIN), Patricia Argerey, subliñou que a rede impulsará a colaboración entre os axentes en tecnoloxías cuánticas, permitindo un mellor aproveitamento das capacidades e xerando sinerxías, fomentará a participación conxunta en proxectos de I+D, coordinará infraestruturas e recursos, coordinará accións de comunicación, colaborará en estudos, promoverá cambios regulatorios, etc.

Tamén impulsará o deseño de ferramentas específicas para o desenvolvemento destas tecnoloxías, a implantación en sectores económicos estratéxicos, a atracción de industria e capital humano, ou a colaboración coas institucións educativas. Argerey puxo en valor a aposta da Xunta por estas tecnoloxías, unha aposta que arrincou en 2022 co Polo, no marco do cal se están facendo investimentos por máis de 30 millóns de euros; así mesmo, destacou a posición de liderado de Galicia nesta materia.

Presentación da Rede Galega de Tecnoloxías Cuánticas
Presentación da Rede Galega de Tecnoloxías Cuánticas | Fonte: CONCHI PAZ

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta