A IXP Pataca de Galicia estima unha produción duns 30 millóns de quilos esta campaña e a comercialización de 6

A maior parte da produción concéntrase en Ourense, onde a IXP conta con 600 hectáreas. En segundo lugar sitúase Bergantiños, con máis de 60 hectáreas e despois Lugo, con 30.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 12/09/2023 | Actualizada ás 16:55

Comparte esta noticia

O Consello Regulador da Indicación Xeográfica da Pataca de Galicia estima unha comercialización de aproximadamente 30 millóns de quilogramos nas áreas inscritas esta campaña. Segundo os seus cálculos, tras o proceso de selección e o traspaso de parte da produción ás empresas transformadoras, serán máis de 6 millóns.

A diferenza entre a produción total e a que se comercializará débese a que leva a cabo "unha esmerada selección dos lotes" e ademais unha parte destínase a outras canles de comercialización, explica. A pesar das condicións meteorolóxicas, que fan que a produción "poida estar entre un 15 e 20 % por baixo da media dos últimos anos", a cifra de previsión é "positiva", segundo destaca o consello regulador. Garante ademais que a pataca será "de excelente calidade".

Polo momento, o consello detecta "unha elevada demanda" e indica que non parece que a oferta nos mercados internacionais poida presionar os prezos á baixa. Por tanto, espera que sexa unha campaña "boa" en canto á retribución. Esta campaña contou co traballo de 71 produtores (54 en Ourense, 14 na Coruña e tres en Lugo, coa Limia, Monterrei e Bergantiños como zonas principais) repartidos en 690 hectáreas de terreo de cultivo, delas ao redor de 400 correspondentes a variedade 'kennebec' e 290 á agre. Os produtores seguen en época de recolección, comezando por 'kennebec'. A maior parte da produción concéntrase en Ourense, onde a IXP conta con 600 hectáreas. En segundo lugar sitúase Bergantiños, con máis de 60 hectáreas e despois Lugo, con 30.

Previsións da campaña de pataca
Previsións da campaña de pataca | Fonte: IXP PATACA DE GALICIA

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta