Alumnado do Instituto Galego do viño coñece Valdeorras

Un grupo de alumnos e alumnas do XI Curso Superior de Sumiller Profesional, impartido polo Instituto Galego do Viño, vén de realizar unha visita ao territorio amparado da D.O. Valdeorras co obxectivo de coñecer in situ o seu potencial enolóxico.

Por Galicia Confidencial | Vilamartín de Valdeorras | 13/09/2023 | Actualizada ás 21:00

Comparte esta noticia

A comitiva do Instituto Galego do Viño desprazouse o martes 12 de setembro ata un predio con viñedos pertencentes á Adega Rafael Palacios, unha das máis emblemáticas da D.O. Valdeorras. Posteriormente, tras coñecer as instalacións de Terriña Adegas e Viñedos, en Petín, participaron durante a tarde nun túnel do viño na sede do Consello Regulador, unha experiencia que lles permitiu degustar unha ampla selección de referencias de brancos e tintos da comarca.

Visita do alumnado a viñedos amparados pola D.O. Valdeorras. Foto: Prensa CRDO Valdeorras.
Visita do alumnado a viñedos amparados pola D.O. Valdeorras. Foto: Prensa CRDO Valdeorras.

Dende o Consello Regulador, o presidente do organismo José Ramón Rodríguez Castellanos valora a visita sinalando que “sempre é bo divulgar o potencial dos nosos viños entre diferentes tipos de público, pero especialmente entre aqueles de corte máis especializado que, sen dúbida, poden actuar como prescritores e altofalantes para dar a coñecer a calidade dos nosos produtos en todos os recunchos do país”.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta