As choivas volven alagar a rotonda de Fontes do Sar, en Santiago

O Concello di que non as inundacións non son pola acumulación de follas en sumidoiros.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 19/10/2023 | Actualizada ás 11:48

Comparte esta noticia

Os bombeiros de Santiago volveron a intervir en dúas ocasións durante a mañá deste xoves debido á inundación da rontonda de Fontes do Sar coa rúa de O Vieiro.

Segundo confirmaron a Europa Press, os feitos ocorreron ás 7,30 horas e ás 10,00 horas. O motivo foi o alagamento das arquetas que tiveron que ser desatascadas.

Con todo, a mañá deste xoves discorre "con tranquilidade", segundo apuntou o 112 a Europa Press, respecto da xornada da tarde do mércores onde as choivas deixaron numerosas incidencias.

Desta forma, o tren de borrascas, coa chegada de 'Aline', elevou a unhas 271 as inundacións e outras incidencias rexistradas polo 112 Galicia na comunidade entre o mediodía da pasada xornada e as 6,00 horas deste xoves.

Unha moza aguanta o seu paraugas durante unha borrasca
Unha moza aguanta o seu paraugas durante unha borrasca | Fonte: Joaquin Corchero - Europa Press

DISPOSITIVO

Santiago mantén activo o dispositivo para xestionar as incidencias motivadas polas choivas intensas e, a modo preventivo durante a xornada deste xoves, pecha parques, paseos fluviais e polideportivos.

Así o anunciou en rolda de prensa a portavoz do goberno municipal, Míriam Louzao, que puntualizou que a causa das inundacións do mércores "non foi pola acumulación de follas nos sumidoiros".

Desta forma, detallou que a alcaldesa da capital galega, Goretti Sanmartín, convocou na mañá deste xoves unha reunión con membros do equipo de goberno, responsables de departamentos municipais e a Policía Local, para analizar e coordinar a situación producida polas intensas precipitacións.

A continuación, Louzao lembrou que desde o un de outubro Viaqua e Urbaser realizaron traballos para a retirada de follas de árbores e limpeza de sumidoiros que "estaban limpos" e esa "non foi a causa" das inundacións.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta