'Aline' deixa máis de 700 incidencias despois de 161 intervencións nas últimas horas

A Consellería do Mar confirmou a Europa Press que houbo unha batea á deriva entre a praia Mexilloeira e a das Pipas, no Grove. O propietario da plataforma xa foi informado.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 20/10/2023 | Actualizada ás 15:21

Comparte esta noticia

A borrasca Aline continúa afectando a Galicia, con 161 intervencións na mañá deste venres, desde as 8,00 horas ás 12,00 horas, de forma que o balance total desde o mediodía do pasado mércores sitúase en 761.

Segundo recolleu o 112, nas últimas horas non houbo incidencias de consideración e abundaron os avisos por árbores nas estradas e outros incidentes relacionados, sobre todo, cos efectos do vento.

Desta forma, as ramas e árbores nas estradas supuxeron un total de 89 incidencias, seguidas das tarefas de prevención de risco (29) e da presenza de cables da luz, telefónicos e carteis nas estradas (21).

En referencia á costa, houbo dous casos de embarcacións --un iate en Laxe e unha lancha en Ortigueira-- que se soltaron debido ás difíciles condicións do mar.

Ademais, a Consellería do Mar confirmou a Europa Press que houbo unha batea á deriva entre a praia Mexilloeira e a das Pipas, no Grove. O propietario da plataforma xa foi informado.

POR PROVINCIAS

En canto ás provincias, A Coruña rexistrou 87 incidentes, 37 na de Pontevedra e 9 na de Ourense. Estas cifras súmanse ás acumuladas desde o mércores o que suma un total de 357 na da Coruña, 294 na de Pontevedra, 90 en Lugo e 43 en Ourense.

Pola súa banda, o concello de Santiago suma, desde o mércores, 30 incidencias e o da Coruña acumula 25. O concello de Vigo alcanza os 42 incidentes, a cidade de Pontevedra sitúase nas 20 intervencións e Tui aumentan ata as 14 incidencias. Nas provincias de Lugo e Ourense destacan Xermade e O Barco de Valdeorras, con catro incidencias cada un, así como Vilalba que rexistrou catro incidencias no últimas catro horas.

ALERTAS E VALORES EXTREMOS

Así mesmo, Meteogalicia, organismo dependente da Consellería de Medio Ambiente, mantén a alerta laranxa, durante este venres, por fenómenos costeiros en todo o litoral galego.

En canto aos valores extremos do día, o maior refacho de vento rexistrouse a pasada madrugada no Xistral, Muras, de case 140km/h e a maior acumulación de choiva foi no municipio lucense de Baleira con 60,8 litros por metro cadro.

Varias persoas protéxense da choiva e o vento con paraugas, a 20 de outubro de 2023, na Coruña, Galicia (España).. M. Dylan - Europa Press
Varias persoas protéxense da choiva e o vento con paraugas, a 20 de outubro de 2023, na Coruña, Galicia (España).. M. Dylan - Europa Press | Fonte: Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta