O emprendemento feminino é clave económica na economía galega e segue medrando

A taxa de actividade das mulleres sitúase no 6,7%.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 13/11/2023 | Actualizada ás 12:30

Comparte esta noticia

O informe GEM 2022/2023, no que se estuda o emprendemento, revela que a taxa de actividade das mulleres sitúase no 6,7%, colocándose a taxa de actividade emprendora (TEA) no 5,4%, 0,6% máis que en 2021. É o segundo valor máis alto desde 2010 e é próximo ao alcanzado no últimos dez anos, do 5,6% en 2018.

Os datos foron presentados nun acto en Santiago e pertencen ao informe que fai este organismo, no que colaboran a Universidade de Santiago de Compostela, a Confederación de Empresarios de Galicia e a Xunta. Referido ás mulleres, o informe mostra que o emprendimento feminino segue medrando, cunha taxa de actividade do 6,7%, por encima do indicador e case un punto e medio máis que en 2021 (5,3% en 2021).

Neste sentido, a conselleira para Promoción do Emprego, Elena Rivo, afirmou que a muller "xoga un papel crave e decisivo" porque, segundo apuntou, "a igualdade de oportunidades achega diversidade, talento, innovación e unha maior produtividade ao tecido empresarial". Ademais, destacou que todas as emprendedoras galegas son unha peza crave para a economía galega e para que Galicia sexa unha terra próspera e igualitaria.

CONFEDERACIÓN EMPRESARIOS

Pola súa banda, o presidente da Confederación de Empresarios de Galicia (CEG), Juan Manuel Vieites, aproveitou para insistir na petición de que "é necesario volver a un sistema de elaboración de normas sosegado, racional e cunha participación adecuada dos sectores e colectivos afectados". "É necesario abandonar o sistema de regulación por decreto e optar por un sistema máis participativo. A sobrerregulación dificulta a posta en marcha e desenvolvemento de proxectos empresariais e xeran unha crecente inseguridade xurídica", sinalou.

"En Galicia, e resulta evidente, temos unha forza laboral altamente cualificada e unha longa tradición empresarial que fomentou o espírito emprendedor. Neste sentido, desde a Confederación de Empresarios de Galicia tentamos identificar os desafíos específicos que enfrontan as empresas nos diferentes sectores e comprender o seu impacto nos negocios, así como estar actualizados sobre as últimas tendencias e cambios na industria, para poder dar soporte durante o emprendemento", explicou Vieites.

A conselleira de Promoción do Emprego e Igualdade, Elena Rivo.
A conselleira de Promoción do Emprego e Igualdade, Elena Rivo. | Fonte: XUNTA

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta