O 14º Salón do Automóbil-Vehículo Novo abriu as súas portas en Expourense

Estará aberto ata este domingo 19 de novembro ás 20.00 h. e conta con 15 concesionarios oficiais que representan a 24 marcas.

Por Galicia Confidencial | Ourense | 18/11/2023 | Actualizada ás 11:00

Comparte esta noticia

O 16 de novembro foi a xornada de apertura do 14º Salón do Automóbil-Vehículo Novo no recinto feiral de Expourense. Unha nova cita que contou coa visita aos expositores por parte de distintos representantes das administración autonómicas e provinciais como o director xeral de Planificación Enerxética, Pablo Fernández Vila; o delegado territorial da Xunta de Galicia en Ourense, Gabriel Alén; o deputado provincial de Ourense de Medio Ambiente e Enerxía, José María Lago; a senadora Carmen Leyte, ou a presidenta da CEO, Marisol Novoa, que visitaron este salón acompañados por distintos empresarios do sector e polos membros de ACAUTO. Estas autoridades felicitaron aos expositores por conseguir presentar unha oferta con tanta calidade e variedade disposta a cubrir todas as necesidades e resolver todas as dúbidas dos potenciais clientes.

Sesión inaugural do 14º Salón do Automóbil-Vehículo Novo. Foto: Prensa de Expourense.
Sesión inaugural do 14º Salón do Automóbil-Vehículo Novo. Foto: Prensa de Expourense.

“Para os concesionarios de Ourense, este salón é a cita máis importante do ano e todos fixemos un gran esforzo para poder celebralo. É unha cita clave na venda de vehículos anual en Ourense, reactiva o mercado e contribúe a rexuvencer o parque móbil da provincia que ronda agora os 17 anos de media de antigüidade”, indican dende ACAUTO. Tamén indican que, despois de varios anos de incerteza, o mercado comeza a estabilizarse e achegarse ao nivel de ventas pre-pandemia.

Neste salón, centrado esta semana no vehículo novo, pódense atopar coches de todos as gamas e motorizacións destacando sobre todo a oferta en microhíbridos, híbridos, híbridos enchufables e eléctricos 100%. Os prezos oscilan entre os 11.990 euros do Fita Panda Microhíbrido ata os 150.852 euros do Porsche Panamera 4-E Hybrid. Os concesionarios ofrecen descontos especiais en feira que rondan entre os 3.000 e os 8.000 euros. Cada concesionario ofrece ademais as súas propias condicións de financiamiento e novos formatos de compra que inclúen o pago de taxas mensuais polo uso dun vehículo.

Todas as marcas presentes están aproveitando a súa presenza nesta cita para presentar os últimos lanzamentos e os vehículos que se van comercializar de cara a campaña do 2024. En total, participan 15 empresas representando a 24 marcas: ABARTH, AUDI, BMW, CITROËN, CUPRA, DACIA, FIAT, FORD, HYUNDAI, JEEP, KIA, MAZDA, MERCEDES BENZ, MG, NISSAN, OPEL, PEUGEOT, PORSCHE, RENAULT, SEAT, SKODA, TOYOTA, VOLKSWAGEN e VOLVO.

Este encontro contará cunhas 26 novidades, algunhas das cales son primicia en España como e o caso do BMW X-2 que foi presentado o pasado xoves 16 de novembro e que non se comercializará ata febreiro de 2024 (aínda que xa se pode reservar) ou o Audi Q8 E-tron que puido verse tamén por primeira vez en Expourense. Outras marcas aproveitaron a presenza nesta cita para presentar a súa nova imaxe de marca como foi o caso de Peugeot.

HORARIOS E SERVIZO DE CONCILIACIÓN

Para facilitar a elección do novo coche familiar, volverá haber servizo de ludoteca gratuíto dende este venres pola tarde de 17.00 a 20.30 h.; sábados de 12.00 a 14.00 e de 17.00 a 20.30 h. e domingos de 12.00 a 14.00 e de 16.30 a 20.00 h.

O horario do 14º Salón do Automóbil- Vehñiculo Novo será mañá venres 17 de 11.00 a 20.30 h.; o sábado de 10.00 a 20.30 h., e o domingo de 11.00 a 20.00 h. O prezo da entrada son 3 euros por cada salón (menores de ata 12 anos teñen entrada gratuíta).

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta