Batas Brancas: "A politicación da sanidade en Galicia desde 2009 é abafante"

Este colectivo de médicos critica duramente a Rueda por dicir que o Sergas "funciona moi ben" e din que na atención sanitaria "queda moito por facer".

Por Galicia Confidencial | A Coruña | 25/11/2023 | Actualizada ás 12:05

Comparte esta noticia

Primeiro a Asociación de Pacientes e Usuarios do CHUS, logo o Sindicato Médico de Galicia (CESM-Galicia) e, agora, o colectivo médico da Asociación Batas Brancas. Todos eles acusan ao Goberno de Rueda de "politización" do Sergas. "Os Servizos de Saúde das CC. AAs, son xestionados por políticos e en Galicia especialmente, a politización do Sergas e da Conselleria de Sanidade, desde o ano 2009 foi e segue sendo abafante", denuncia.

Sanitaria con cartel de servizos mínimos durante a folga de médicos galegos
Sanitaria con cartel de servizos mínimos durante a folga de médicos galegos | Fonte: Europa Press - Arquivo

Nunha carta ao presidente galego, esta entidade di que é "moi preocupante a absoluta falta de empatía" que traslada o presidente da Xunta coas persoas máis vulnerables que viven en Galicia, as persoas enfermas tras negar a existencia de manipulación nas listas de agarda.

"--O colectivo sanitario-- non somos a oposición, nin queremos dar unha imaxe lamentable do Sergas. Todo o contrario, a gran maioría dedicamos e dedicamos a nosa vida, os nosos coñecementos, á Sanidade Pública de Galicia, por e para os galegos, e, máis que ninguén, sabemos das súas fortalezas e das súas debilidades. Precisamente por iso imos defendela máis que ninguén, como profesionais e como usuarios", indica nesta carta remitida a Galicia Confidencial.

Así, destaca que o Sergas pode funcionar moito mellor do que Rueda di, sobre todo, porque "na atención sanitaria e en atender a demanda sempre queda máis por facer que o feito". Neste sentido, lembran que é a Xunta a que remite datos "presuntamente manipulados" das listas de agarda ao ministerio, que só se limita a publicalos segundo recolle o RD 605/2003 de 23 de maio onde se establecen as medidas para o tratamento homoxéneo da información sobre as listas de agarda no sistema Nacional de Saúde.

"Calquera persoa de ben non pode sospeitar que unha administración pública poida incumprir, ou terxiversar, unha normativa co obxectivo de obter réditos políticos, aínda que prexudique gravemente a todos os pacientes en espera e as súas familias. Pois, por desgraza isto pasa", conclúe.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta