'O Peto dos desexos', iniciativa de dinamización comercial en Allariz

Trátase dunha campaña que o concello, xunto co comercio e a hostalería locais, desenvolverán para incentivar as compras durante a época de Nadal.

Por Galicia Confidencial | Allariz | 06/12/2023 | Actualizada ás 09:00

Comparte esta noticia

A iniciativa O Peto dos Desexos” sorteará 2 premios de 250 euros e 5 de 100 € entre os clientes do comercio e hostalería da localidade que deberán xuntar tíquets de compra ata alcanzar un valor de 30 euros.

O Peto dos desexos de Allariz. Foto: Comunicación Concello de Allariz.
O Peto dos desexos de Allariz. Foto: Comunicación Concello de Allariz.

Todas as persoas que queiran participar poderán facelo dende o 1 de decembro e ata 6 de xaneiro, ámbolos dous incluídos. Os comprobantes de compra serán depositalos xunto coa tarxeta dos desexos nun dos Petos que estarán situados no Alto do Portelo e na Alameda, ao lado da Oficina de Turismo.

O vindeiro 8 de xaneiro sortearanse 1000 € en premios nun acto público que terá lugar ás 11:00h diante do Peto dos Desexos (no Alto do Portelo). 

Cristina Cid, Alcaldesa de Allariz, e María López, Concelleira de Comercio, lembraron que "mercar en Allariz sempre ten premio, porque ademais de dinamizar a economía local, estamos axudando aos nosas veciñas e xerando emprego. É a nosa responsabilidade mercar de xeito responsable e a nosa implicación é vital para que o sector salga adiante".

Estas campañas súmanse á campaña de decoración de nadal de Allariz que pretende dinamizar comercio e hostalería local.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta