Aprobado o ditame do proxecto de lei de calidade alimentaria, aínda que a oposición fala de "présas" ante as eleccións

O proxecto de lei de calidade alimentaria de Galicia deu un paso máis na súa tramitación coa aprobación do ditame na Comisión 7ª do Parlamento galego, cos votos do PP e a abstención de BNG e PSdeG, que reprocharon falta de tempo para avanzar en acordos o que vincularon co proceso electoral.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 12/12/2023 | Actualizada ás 18:22

Comparte esta noticia

O proxecto de lei de calidade alimentaria de Galicia deu un paso máis na súa tramitación coa aprobación do ditame na Comisión 7ª do Parlamento galego, cos votos do PP e a abstención de BNG e PSdeG, que reprocharon falta de tempo para avanzar en acordos o que vincularon co proceso electoral.

A aprobación do ditame, con emendas transaccionadas e outras de BNG e PSdeG rexeitadas, é o paso previo para o debate definitivo en sesión plenaria. Na súa intervención, o portavoz popular de Medio Rural, José Antonio Armada, manifestou que a mesma permitirá adaptar a lexislación galega á normativa europea de face a garantir a mellor calidade dos produtos elaborados e comercializados en Galicia.

Ademais rexeitou as críticas da oposición argumentado que ao texto incorporáronse "case a metade" das emendas presentadas polos grupos da oposición. Tamén destacou as novas medidas que incorpora a lei, entre elas a creación de novos órganos como o Consello Alimentario de Galicia e a Mesa de Calidade Alimentaria Diferenciada.

Armada insistiu en que o obxectivo é facer unha lei que se adapte á normativa europea fronte á actual, "que estaba obsoleta". "En moitos casos dar maior seguridade e máis peso a determinados organismos", recalcou. Mentres, rexeitou (ante as críticas da oposición ao cuestionar a "celeridade" coa que, ao seu xuízo, está a realizarse a tramitación e avogar por profundar no debate) que sexa algo "excepcional".

Pola súa banda, o socialista Martín Seco denunciou que se levou á comisión sen o "tempo necesario" para debater e "chegar a máis acordos". Isto vinculouno coa convocatoria electoral das eleccións galegas. "Non para mellorar o sistema, é para utilizalo como reclamo electoral no sector agrario", sentenciou.

Á súa vez, o parlamentario nacionalista Xosé Luís Rivas denunciou tamén as "présas" coas que, na súa opinión, tratouse este texto. Tamén argumentou unha actuación de "propapaganda" por parte do PP con este asunto e lamentou que emendas do BNG que considerou primordiais non fosen aceptadas.

Lei de Calidade Alimentaria de Galicia
Lei de Calidade Alimentaria de Galicia | Fonte: Xunta de Galicia - Arquivo

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta