Por Europa Press / Redacción | PONTEVEDRA | 21/12/2023 | Actualizada ás 14:45
O alcalde do Concello de Cerdedo-Cotobade, Jorge Cubela, informou a través dun Bando Municipal da celebración, este venres dunha misa funeral de aniversario polas vítimas do accidente de autobús ocorrido na parroquia de Pedre en Noiteboa do pasado ano, no que faleceron sete persoas.
A misa terá lugar ás 17.00 horas na igrexa parroquial de San Xoán Bautista de Cerdedo e estará oficiada polo arcebispo de Santiago, Monseñor Francisco José Prieto Fernández. Jorge Cubela animou aos veciños a acudir para mostrar o seu pesar e lembrar aos que perderon a vida neste accidente, un sinistro que motivou a creación do Pacto de Pedre, do que forman parte a práctica totalidade dos concellos das provincias de Pontevedra e Ourense por onde discorre a estrada na que se produciu o accidente, para reclamar melloras.
O funeral de aniversario contará coa presenza do arcebispo de Santiago, Monseñor Francisco José Prieto, e está previsto tamén que o acompañen sacerdotes desta diocese, así como representantes do mundo da política e a sociedade galega en xeral para renderlle homenaxe e expresar o seu respecto polas vítimas do accidente.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.