Por Europa Press / Redacción | Compostela | 08/01/2024 | Actualizada ás 19:31
O 'Toconao', barco responsable da vertedura de plásticos que afecta á costa galega e que se estendeu xa puntos do Cantábrico, perdeu cinco colectores, un deles cun total de 26,25 toneladas de pellets repartidos en 1.050 sacos de 25 quilos cada un.
Así o trasladou Maersk, armadora do caguero con bandeira de Libera, ás autoridades españolas, segundo informou este luns a Delegación do Goberno en Galicia. Os pellets plásticos duns 5 milímetros de tamaño que se estenderon pola costa galega e que alcanzaron tamén as praias de Asturias viaxaban nun dos cinco colectores que o 'Toconao' perdeu o 8 de decembro cando transitaba por augas portuguesas.
Ademais deste colector que contiña 1.050 sacos de pellets de 25 quilos, o que supón un total de 26,2 toneladas; o buque perdeu outros catro que transportaban pneumáticos, barras de aluminio, pneumáticos e rolos de papel filme.
APERTURA DE DILIXENCIAS
Este luns, a Unidade Especializada no medio Ambiente da Fiscalía Xeral do Estado abriu dilixencias de investigación sobre a vertedura de 'pellets' nas costas galegas.
A presenza das pequenas bólas de plástico vertidas ao mar polo mercante 'Toconao' foi notificada xa a mediados do mes de decembro por persoas que paseaban pola praia de Espiñeirido, no municipio de Porto do Son (A Coruña).
DENUNCIA PODEMOS
Por outra banda, Podemos Galicia presentou unha denuncia nos xulgados de Noia por un presunto delito contra a saúde pública ante a vertedura de pellets plásticos que afecta á costa galega.
Nun comunicado, o partido morado cualificou de "catástrofe natural de primeira magnitude" a perda dun colector por parte dun cargueiro cando navegaba en augas portuguesas e que provocou a chegada de miles de microplásticos aos areais galegos e de Asturias.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.