Collen uns e outras

Semella que gañou moito apoio social a proposta dunha candidatura cidadá e unitaria galega ás vindeiras eleccións xerais. Unha Maré galega, que integre aos partidos, mais dende o predominio cidadán e social, dende esquemas que posibiliten a adscrición persoal de todos os cidadáns. É dicir, ao xeito no que xurdiu e tomou corpo a Marea Atlántica coruñesa.

Por X.A. Pérez-Lema | A Coruña | 03/08/2015

Comparte esta noticia
Esta candidatura cidadá podería integrar todo o espectro político e social agás aos partidos do bipartidismo dinástico que crearon a grave crise institucional  que sofrimos e a Ciudadanos (C’s), por  desbotar toda colaboración co galeguismo político. Porque excluir uns ou  outras do ámbito do acordo limitaría substancialmente as posibilidades de suceso electoral sen gañar nunha meirande forteza ou coherencia internas.
 
Dous son os problemas fundamentais que penduran sobre esta Maré galega: a falla de flexibilidade de determinados elementos do BNG para integrar persoas e sectores alleos ao ámbito do galeguismo e a decisión de Podemos de se presentar en Galicia só ou en coalición ao xeito de PODEMOS máis X, no canto de diluir as súas siglas na eventual Maré, como de feito están dispostos a facer o resto dos partidos. E os dous problemas son solúbeis, con intelixencia e xenerosidade.
 
A candidatura galega habería ter o seu centro de decisión en Galicia e os seus órganos e grupo parlamentario ser totalmente independentes de calquera outra estrutura política ou partidaria. Mais habería integrar ás persoas alleas ao galeguismo político que asuman Galicia como referente de decisión. Canto á integración de Podemos precisa dunha reflexión dende este partido, no que xogarían un papel fulcral os cadros galegos que viviron o éxito da Marea Atlántica ou de Compostela Aberta e coñecen os riscos da desunión e, pola contra, o agasallo que sempre obtén  a unidade en política.
 
Mais para que os partidos poidan adoptar as súas decisións, de xeito que uns e outras collan na futura Maré, compre tamén dotar ésta dun “corpus” doutrinal e programático(a plataforma Somos Nós ven de presentar unha primeira achega) e, sobre todo, dun pulo social, que xurda dende a cidadanía e, quizais, dende o Poder local de moitos concellos grandes, medianos e pequenos. Pulo social que comeza ser urxente, pois que perder máis tempo sería perigoso.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Xoán Antón Pérez Lema Licenciado en Dereito e graduado en Administración de Empresas. Leva exercendo a avogacía máis de vinte anos e dirixe o seu propio despacho n’A Coruña, con nomeada adicación ao Dereito Administrativo e Mercantil . Foi profesor da Escola de Práctica Xurídica do Colexio de Avogados coruñés e da Facultade de Ciencias Sociais da Universidade de Vigio. Arestora imparte a docencia no primeiro programa de asesoría xurídica de empresa que se desenvolve en Galicia, no Instituto de Finanzas e Formación Empresarial (IFFE).Publicou varios traballos sobre temática xurídica. Foi xefe de gabinete do Conselleiro da Presidencia Pablo González Mariñas, sendo Presidente Fernando González Laxe e secretario xeral de Relacións Institucionais na Vicepresidencia da Xunta ás ordes de Anxo Quintana (2007-2009). Fpoi asesor xurídico do Consello da Xuventude de Galicia (1991-1997) e tivo unha intensa actividade na defensa penal de obxectores e insumisos até que se acadou a supresión do servizo militar obrigatorio. Colaborador da Radio Galega e da TVG e de varios xornais, revistas e emisoras de Radio e TV galegas.